Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amparo Alonso defendeu una IA sustentable e efectiva no Coruña Innovate Summit
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amparo Alonso defendeu una IA sustentable e efectiva no Coruña Innovate Summit

S. P.
Publicado: 28/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amparo_alonso_citic_coruna_summit_innovate_2.jpgA investigadora do Centro TIC da Universidade da Coruña (UDC), Amparo Alonso, participou o pasado venres 25 de outubro no Coruña Innovate Summit, un evento que reuniu startups, empresas e profesionais que están na vangarda das tecnoloxías disruptivas como a IA, a análise dos datos a gran escala (Big Data) e a aprendizaxe das máquinas (Machine Learning). O congreso, celebrado na Cidade das TIC, serviu para abordar o reto de transformar tanto as empresas como a sociedade no seu conxunto a través destas tecnoloxías innovadoras.
Amparo Alonso participou cunha conferencia titulada IA cun orzamento: frugal e sostible, na que subliñou a importancia de desenvolver solucións dixitais que, ademais de ser eficaces, sexan accesibles e respectuosas co medio ambiente. “A innovación non ten que ser custosa. A través dun enfoque sostible, podemos desenvolver tecnoloxías que teñan un impacto significativo na sociedade”, afirmou Alonso durante a súa intervención.
O Coruña Innovate Summit está organizado pola empresa DataSpartan e contou coa colaboración da Deputación da Coruña, o Clúster TIC Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, o Consorcio de Turismo da Coruña e o Centro de Servizos Avanzados (CSA). O evento celebrouse nun ambiente colaborativo, fomentando o intercambio de ideas e a creación de sinerxías entre os participantes.
A participación de Amparo Alonso e doutros expertos do mundo empresarial e académico, como Paco Nathan (Senzing), Dimitrios Athanasakis (AstraZeneca) e Fernando Manzanera Pérez (CT Ingenieros), permitiu afondar en cuestións clave relacionadas coa transformación dixital e o papel fundamental que xoga a innovación sostible no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas accesibles.
O congreso iniciouse o 24 de outubro, coa intervención inaugural a cargo do reitor da UDC, Ricardo Cao, e da deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica, Rosa Ana García López. Durante as dúas xornadas, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man como as tecnoloxías máis innovadoras están a transformar os seus sectores, impulsando novas oportunidades e vantaxes competitivas en diversos ámbitos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?