Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tesla Technologies, referente internacional TIC, brinda formación avanzada en ferramentas intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tesla Technologies, referente internacional TIC, brinda formación avanzada en ferramentas intelixentes

S. P.
Publicado: 29/10/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Silvia Mancebo e Loiola Ozores, COO e CMO (respectivamente) da empresa compostelá Tesla Technologies
Silvia Mancebo e Loiola Ozores, COO e CMO (respectivamente) da empresa compostelá Tesla Technologies
Se por algo destaca a estratexia actual de Tesla Technologies, empresa TIC fundada en 2011 en Santiago de Compostela, é pola súa probada capacidade de innovación e expansión. Con máis de dez anos no sector, traballa cunha ampla gama de empresas e, paralelamente, iniciou un proceso de internacionalización que hoxe en día levouna a países como Arxentina, Reino Unido e Romanía.
Diversificación e crecemento
“En resposta ás demandas do mercado”, o equipo de Tesla Technologies diversificou os seus servizos, destacándose en España en áreas como a consultoría e a Intelixencia Artificial, ámbito que experimentou un crecemento significativo nos últimos anos, impulsado por ferramentas revolucionarias como ChatGPT.
Aplicacións da Intelixencia Artificial
futuristic-hand-working-laptopb.jpg Dende Tesla Technologies lembran que a Intelixencia Artificial ten o poder de optimizar numerosos procesos, desde a xestión de tarefas repetitivas ata o acceso eficiente á información. “Estas melloras non só aforran tempo, senón que tamén permiten que nos concentremos en actividades de maior valor engadido para clientes e cidadáns”, sinalan dende a empresa de Santiago, engadindo que “un claro beneficiario destas solucións é a administración pública”, ámbito no que destaca (e moito) Tesla Technologies. De feito, a empresa colabora con entidades públicas en varios proxectos integrando esta tecnoloxía, co obxectivo de mellorar a satisfacción e experiencia da poboación.
“Grazas ás nosas solucións, facilitamos o acceso á información e servizos sen necesidade de desprazamentos ou esperas en oficinas físicas, beneficiando tanto aos cidadáns como aos profesionais da administración pública, por exemplo, un asistente con IA pode axilizar a busca de información en bases de datos, facendo o proceso máis rápido e eficiente”, sinalan.
A empresa compostelá tamén pon o foco noutra das súas grandes liñas de actividade: a privacidade dos datos. “Trátase dun compromiso que Tesla Technologies ten moi presente e por iso, as nosas solución cumpren sempre coa LOPD e RGPD, e ademais, en referencia á seguridade da información, contamos coa certificación ISO 27001 (Sistema de Xestión e Seguridade da Información), garantindo a protección de datos en todos os nosos proxectos”, sinalan.
Formación e futuro
Dende a empresa recordan que a Intelixencia Artificial está no miolo de moitos dos seus proxectos de desenvolvemento e de adestramento profesional, destacando as aplicacións diversas e adaptables da IA en distintos contextos e obxectivos. Para profundar na súa comprensión e uso, Tesla Technologies lanzou un convite a participar nos cursos de formación que impartirá en colaboración co Clúster TIC Galicia durante o curso 2024/25. Estes cursos, totalmente gratuítos, ofrecen unha oportunidade única para especializarse nesta tecnoloxía.
O proceso de inscrición é sinxelo: pódese realizar accedendo mediante o apartado formativo da web da empresa: Cursos Tesla Technologies.
Conclusión
A xeito de conclusión, o equipo da empresa fai saber que “estamos entusiasmados por compartir a nosa experiencia e coñecementos no campo da Intelixencia Artificial, axudando aos profesionais a especializarse e a descubrir o verdadeiro potencial das tecnoloxías intelixentes, e, tamén, levando as múltiples vantaxes da IA a un público cada vez máis amplo”. E engaden: “O noso obxectivo é ofrecer unha visión clara e obxectiva sobre as fortalezas e debilidades desta ferramentas, mostrando como mellorar estas últimas”.
Dende a empresa resumen deste xeito o seu convite a adestrarnos nas tecnoloxías intelixentes: “Coas nosas actividades formativas e vivindo a experiencia de Tesla Technologies podemos descubrir como a Intelixencia Artificial pode transformar a nosa forma de traballar”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?