Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta prevé chegar en novembro co seu proxecto de reclamación dixital a un cento de supermercados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta prevé chegar en novembro co seu proxecto de reclamación dixital a un cento de supermercados

S. P.
Publicado: 31/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

qr_mobil_usuaria.jpgO conselleiro de Emprego e Comercio, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e pola xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez, visitou en Ourense, este xoves 31, un dos establecementos adheridos ao proxecto piloto de reclamación dixital a través dun código QR.
Segundo destacou o conselleiro, a florería El Jardín de Juan XXIII trátase do primeiro comercio da provincia ourensá con este sistema, que se está a estender polo territorio prevendo chegar neste novembro non só a establecementos coma este senón tamén a un cento de supermercados de Galicia.
Explicou tamén que en 2025 o obxectivo é chegar ao sector servizos (subministro eléctrico e telefonía), que son “os máis numerosos en materia de reclamacións da cidadanía”. Así o salientou o titular de Emprego, apuntando que o que se persegue é “axilizar o proceso de reclamacións e garantir a protección dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, como complemento das actuais follas de reclamación existentes nos establecementos”. O obxectivo, dixo, “é avanzar na simplicidade, axilidade e eficacia do proceso de reclamación en beneficio dos consumidores, ao tempo que se ofrece ás empresas unha ferramenta áxil de comunicación coa súa clientela e evitando o feito de ter que solicitar expresamente a entrega da folla de reclamación, podendo facerse unha vez fóra do comercio ou mesmo na casa”.
Grazas ao novo sistema, as reclamacións poden presentarse de maneira dixital a partir do escaneo dun código QR que dirixe a un formulario virtual no que cumprimentar os datos persoais e o motivo da reclamación, que será remitida de maneira electrónica á empresa.
De forma automática, recíbese un correo electrónico dando conta do día e da hora da presentación da reclamación e indicando que se abre un prazo dun mes para que a empresa remita contestación.
Transcorrido o prazo dun mes sen obter resposta ou de ser esta insatisfactoria, a persoa consumidora poderá dirixirse directamente ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia e presentar unha nova reclamación a través dun enlace que xa se inclúe no propio correo e que recolle os datos cubertos na primeira reclamación ante a empresa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?