Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Estrada colabora co Proxecto Nós para achegar voces galegas á Intelixencia Artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Estrada colabora co Proxecto Nós para achegar voces galegas á Intelixencia Artificial

S. P.
Publicado: 05/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cartel_proxecto_nos_a-1500x504.jpgO Concello da Estrada presentou esta semana a súa participación no Proxecto Nós para afianzar o galego no ámbito da Intelixencia Artificial, impulsado pola Universidade de Santiago e a Secretaría Xeral da Lingua e actualmente de xira polos nosos concellos ao abeiro dunha iniciativa para facer posible, con doazóns particulares de voces dunha chea de persoas de toda a xeografía galega, que asistentes virtuais intelixentes como Siri e Alexa poidan falar e entender plenamente a nosa lingua e as súas variantes. A Estrada acollerá a súa particular colleita de voces o vindeiro 19 de novembro na Aula CeMIT.
Estes e outros datos foron compartidos pola concelleira de Cultura, Lucía Seoane, e o edil de Novas Tecnoloxías, Manuel Magariños, nun acto no que debullaron a actividade de captación de voces.
O concello da Estrada foi elixido para este programa xunto con 15 municipios máis de toda Galicia. As persoas interesadas en participar só teñen que enviar un correo electrónico ao enderezo doaatuavoz@aestrada.gal, onde deberán figurar o nome e os apelidos da persoas interesadas en contribuír ao proxecto, máis o número de teléfono de contacto.
A xornada dividirase en dúas quedas. A primeira será de 10.00 a 14.00 horas, e a segunda irá dende as 16.00 ás 20.00 horas. Do mesmo xeito, partiranse as gravacións en bloques de 30 minutos cada un.
Proxecto Nós
O Proxecto Nós busca garantir que o galego forme parte dos avances dixitais, desenvolvendo ferramentas tecnolóxicas que permitan a interacción na nosa lingua, tanto de forma oral como escrita.
Entre os obxectivos do proxecto, inclúese a creación de sistemas de recoñecemento de voz, síntese de fala, tradución automática e asistentes virtuais que “entendan” e “falan” galego. Isto permitiría, por exemplo, que os galegofalantes puidesen dar ordes en galego a dispositivos como o GPS, asistentes virtuais como Siri ou Alexa, ou ditar textos de maneira fluída.
Para lograr isto, cómpre recoller unha gran cantidade de audios en galego, que serán utilizados para adestrar os sistemas de IA. A recollida de voces farase tanto en liña, a través da plataforma Doa Galego, como de maneira presencial en distintos concellos galegos, entre os que se incluíron (os días pasados) Ribeira e Muros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?