Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cinco empresas galegas no TOP 101 Recoñecementos ao Emprendemento con Impacto en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cinco empresas galegas no TOP 101 Recoñecementos ao Emprendemento con Impacto en España

S. P.
Publicado: 05/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20241105_dxigapeforoadrs_1.jpgSalientar e emprestar apoio ás empresas innovadoras de recente creación con impacto social e/ou medioambiental é o obxectivo da iniciativa TOP 101 Recoñecementos ao Emprendemento con Impacto en España, iniciativa creada por ENISA e o Foro ADR. Atendendo a isto, varias empresas galegas foron seleccionadas polo xurado nacional para formar parte desta listaxe, son: H2Dron Energy, Uarx Space, Muutech Monitoring, 10Mets e Innogando e participaron na gala celebrada na tarde de onte no Palacio de Congresos de Córdoba.
As empresas galegas, acompañadas pola directora do IGAPE, Covadonga Toca Carús, presentaron os seus proxectos ante un xurado de expertos, que ademais escolleu a unha empresa de cada comunidade autónoma como embaixadora da marca Spain Up Nation.
20241105_dxigapeforoadrs_1.jpg Estas startups galegas, elixidas entre as máis innovadoras e con maior impacto do ecosistema emprendedor español, obtiveron o recoñecemento co selo TOP101 Spain Up Nation, beneficiándose dunha completa axenda de networking, sesións B2B con investidores ou formación específica para o desenvolvemento empresarial.
Neste recoñecemento exclusivo, Innogando foi seleccionada para representar a Galicia, sumándose á Estratexia España Nación Emprendedora como unha das 19 empresas que exemplifican o emprendemento con impacto no ámbito nacional.
Alén disto, cómpre informar que hoxe (martes, 5 de novembro) celébrase o Investor Day no Conservatorio de Música Músico Ziryab de Córdoba, onde as empresas galegas poderán explorar oportunidades de investimento, networking e desenvolvemento de negocios con representantes de entidades financeiras, business angels, aceleradoras e outros axentes clave do ecosistema emprendedor.
Estes recoñecementos ao emprendemento con impacto en España, apoiados tamén pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, supoñen, valorou a directora do IGAPE, unha “excelente oportunidade para fortalecer lazos, compartir coñecemento e promover o talento innovador galego no escenario nacional”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?