Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 30 profesionais debaterán no Foro FIGA (A Coruña) sobre lingua e audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 30 profesionais debaterán no Foro FIGA (A Coruña) sobre lingua e audiovisual

S. P.
Publicado: 05/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

figa_academia_galega_audiovisual_participantes.jpgHoxe tivo lugar a presentación do II Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), que se celebrará entre os días 7 e 9 de novembro na Cidade das TIC da Coruña, baixo o lema A lingua e o audiovisual.
Segundo explicaron os participantes no acto, o !foro servirá para analisar a diversidade lingüística no sector audiovisual, co obxectivo de valorar a situación actual e debater retos de futuro!. Durante tres días, máis de 30 profesionais e expertos tratarán os retos e oportunidades que implica a produción e exhibición de contidos audiovisuais en linguas minorizadas.
O acto contou coa intervención de Álvaro Pérez Becerra, Presidente da Academia Galega do Audiovisual; Avia Veira, Deputada Provincial da Deputación da Coruña; Gonzalo Henrique Castro Prado, Concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña; María Soliña Barreiro, Coordinadora de contidos de FIGA; e Saamira Ganay, integrante da xunta directiva da Academia.
Álvaro Pérez Becerra resaltou que a cuestión lingüística ocupa “un lugar importante” para Academia Galega do Audiovisual e que amais supón unha “especial preocupación”, ao tempo que valorou a necesidade de “parar para reflexionar” sobre este tema, nun momento como o actual no que as noticias se suceden a gran velocidade.
figa_academia_galega_audiovisual.jpg A deputada provincial Avia Veira salientou a importancia do foro como un espazo “no que parar, reflexionar e tomar ideas” sobre un tema “fundamental” como é a nosa lingua, despois da publicación dos resultados da enquisa de coñecemento e uso do idioma galego do Instituto Galego de Estatística.
Pechando o acto, Gonzalo Henrique Castro Prado, concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, reivindicou a necesidade de promocionar o galego no audiovisual: “Falando de futuro, temos que facelo tamén do da nosa lingua, unha ferramenta e un tesouro común que estamos obrigados a defender desde calquera posición”.
A docente e investigadora María Soliña Barreiro, coordinadora de contidos de FIGA, foi a encargada de debullar as sesións que compoñen o programa, que estará articulado en tres xornadas temáticas: a do xoves 7 de novembro leva por título Na procura da nova televisión: públicos mozos, accesibilidade e referentes renovados e centrarase no desafío de captar ás audiencias máis novas, mantendo a diversidade lingüística como valor diferencial.
A do venres 8 está titulada Unha esfera cultural propia: producir en linguas minorizadas ou minoritarias e, nela, analizarase o impacto de crear contidos en linguas non hexemónicas.
Para rematar, as conferencias da xornada de clausura, o sábado 9, Cara un circuíto estable e unha normalización na lingua do audiovisual. A xornada de clausura explorará as posibilidades de avanzar cara a un sistema audiovisual galego sólido que permita a normalización efectiva do uso da lingua galega.
O Foro da Industria Galega do Audiovisual – FIGA é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual realizada grazas ao apoio do Concello da Coruña e a área de cultura da Deputación da Coruña, que conta nesta edición coa colaboración da Cidade das TIC e o Grupo de Estudos Audiovisuais da USC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?