Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC da UDC inaugura unhas xornadas que loitan contra os nesgos de xénero na IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC da UDC inaugura unhas xornadas que loitan contra os nesgos de xénero na IA

S. P.
Publicado: 06/11/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

xornadas_ia_nesgos_de_xenero_udc.jpgA Facultade de Dereito da UDC acolle desde este mércores 6 de novembro as III Xornadas IA Nesgos de Xénero. Oportunidades para a Igualdade, unha iniciativa promovida polo Centro de Investigación TIC da UDC (CITIC) e o Centro de Estudos de Xénero e Feministas da UDC, co obxectivo de abordar o impacto da Intelixencia Artificial na perpetuación da discriminación contra as mulleres e promover a igualdade no ámbito tecnolóxico.
O evento, que se prolonga ata este xoves 7, foi inaugurado polo reitor da UDC, Ricardo Cao e o decano da Facultade de Dereito, Xulio Ferreiro. Un acto de apertura no que tamén participaron o director do CITIC, Manuel González Penedo; e a directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da UDC, Laura Castro.
Ao longo destas dúas xornadas contarase coa participación de especialistas nacionais e internacionais que compartirán a súa visión sobre a importancia da diversidade en equipos de IA e o papel das políticas reguladoras neste ámbito.
Na súa intervención, Ricardo Cao, subliñou a importancia de avanzar na eliminación dos nesgos, “un concepto moi persistente en sistemas como o Big Data, pois os datos sempre ofrecen o valor que deberían”. E engadiu: “Debemos coidar, por tanto, estes enfoques parciais, que seguen presentes, pese ao que pasan moi desapercibidos; a xeración do nesgo é moitas veces non intencionada, pero iso non supón que non debamos corrixilo”.
Pola súa banda, o decano de Dereito, Xulio Ferreiro, valorou a celebración destas xornadas, “que tratan dunha preocupación crecente en todos os sectores da sociedade por unha tecnoloxía que ten moitas implicacións, xurídica, moral… O reto – explicou –, está en que sexamos capaces de converter eses estándares éticos que rexen unha sociedade en normas xurídicas que introducir nos algoritmos. Debemos facer un esforzo entre todos para acadar esa regulación e non vela como un freo, senón como unha oportunidade, do mesmo xeito que as normas ambientais fixeron que se introduciran parámetros máis sostibles no tecido empresarial”.
Pola súa banda, Manuel González Penedo, director do CITIC da UDC, afondou na necesidade de valorar as diferentes implicacións dos algoritmos, “dado que non só se trata de adestralo, senón de analizar as súas posibles implicacións. Por iso, é clave abordar diferentes enfoques na IA”.
Pola súa banda, Laura Castro valorou a relevancia das persoas participantes ao longo desta xornada, que chega á súa terceira edición e que permitirá abordar a IA desde diferentes perspectivas, tendo en conta os diferentes nesgos existentes. Son, dixo, “unhas xornadas que permitirán reflexionar sobre a necesidade de equipos de desenvolvemento inclusivos que representen a diversidade da sociedade; e ademais trataranse as políticas de regulación actuais e o papel das administracións públicas na supervisión e control de aplicacións de IA”.
No programa deste primeiro día inclúese a conferencia Que nesgos importan? Envelenando conxunto de datos para clasificación de imaxes, impartida pola investigadora da Universidade Pública de Navarra Iris Domínguez.
Os algoritmos ingobernables ou como investigar caixas negras serán os protagonistas da conferencia que impartirá Naira Bellio, membro de AlgorithmWatch.
As sesións de hoxe rematarán coa mesa redonda Diversidade e tecnoloxía. Por que a IA necesita equipos inclusivos?, con Belén Valle Cao (NTTData) e Natalia Monje (Ecos do Sur). Xa pola tarde, desenvolverase un obradoiro colaborativo de Galipedia.
O xoves, 7 de novembro, as actividades comezarán ás 10.00 horas coa conferencia Píxeles, datos e neuronas, a cargo de Alba Meijide, experta en Intelixencia Artificial; seguida do relatorio Regulación da IA: desde a AI Act a outras regulacións internacionais, impartido por Belén Arribas, representante de ENATIC, IFCLA e o European Data Protection Board. Para pechar a xornada, ás 12:30 horas, celebrarase a conversa O papel da Administración na era da IA, con Javier Torres Gella, secretario xeral da AESIA; e Bertha Guijarro, profesora titular da Área de Ciencia da Computación e IA da UDC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?