Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Talentia Summit 2024 acada un récord de visitas na súa plataforma en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Talentia Summit 2024 acada un récord de visitas na súa plataforma en liña

S. P.
Publicado: 06/11/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

talentia2024_2.jpgEn pouco máis de 8 horas de funcionamento a plataforma en liña de Talentia Summit 2024 sumou máis de 9.000 usuarios únicos e 12.000 sesións, e a oferta formativa da feira superou as 2.100 prazas reservadas. Estes datos de récord, que “demostran que a feira do emprego e o talento de Santiago é unha cita totalmente consolidada, foron dados a coñecer hoxe pola concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, que presentou todos os detalles do evento que se vai desenvolver do 12 ao 15 de novembro.
A tenenta de alcaldesa explicou que o programa do Talentia Summit, tanto no que ten que ver co foro inaugural como no relativo á feira de emprego e formación, “foi deseñado atendendo aos obxectivos que nos marcamos desde a concellaría no que ten que ver co fomento do emprego entre a mocidade, as mulleres e a poboación migrante, e sobre todo coa aposta por un emprego digno e de calidade”.
Rozas engadiu que o Foro inaugural do Talentia vaise celebrar o próximo martes 12, a partir das 18:00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación, baixo o lema Persoas con propósito impulsando a innovación. Será un encontro no que se abordará como a innovación, a tecnoloxía e o talento están a transformar o mundo laboral, “coa ollada posta especialmente no talento xuvenil, e desde unha perspectiva tamén feminina e feminista”.
No Foro Talentia participarán Javier Vidaurreta, socio responsable de People KPMG en España, que reflexionará sobre cales son as capacidades máis demandadas no mercado laboral; Cristina F. Armesto, socia e fundadora da Casa Grande de Xanceda, cun relatorio sobre as oportunidades para o desenvolvemento do talento no mundo rural; Pablo Rodríguez González, fundador e responsable de negocio e produto de Hack a Boss, que falará sobre a formación tecnolóxica e dará conta da experiencia da súa empresa na que se ten activada a xornada laboral de catro días. Águeda Ubeira, CEO e fundadora de Vanetta Food falará no Foro Talentia de innovación, tradición e talento desde a experiencia da súa empresa que aposta por transformar a gastronomía galega en clave vegana; David Ryan Glowacki, investigador oportunius do centro compostelán CiTIUS, ofrecerá un relatorio sobre ciencia, tecnoloxía, estética e realidade virtual; Ángeles González Macías, directora Executiva de Emprego e Proximidade de Barcelona Activa; e Luz Castro Pena, enxeñeira en Informática, socia fundadora da empresa galega Imaxin Software e profesora na Universidade da Coruña.
Apertura da feira con récord de participación
O outro piar do Talentia Summit 2024, a feira, está arrancando con récord de participación. A plataforma online abriuse ás 11:30 da mañá de onte, e ás 20:00 horas xa tiña contabilizadas 12.000 sesións de 9.000 usuarios únicos. Nese tramo horario fixéranse xa 2117 reservas para a diferente oferta formativa gratuíta da feira, que abrangue cursos de formación en liña, cursos en aula virtual, acceso ás plataformas LinkedIn Learning e Talentia IT Skills, certificacións oficiais de Oxford e o programa Minerva. Nalgúns casos rexistrouse un nivel de demanda tan alto que xa se esgotaron as prazas dispoñibles, fundamentalmente no que ten que ver coas certificacións oficiais de nivel de inglés.
Talentia ofertará máis de 3.000 prazas en diferentes programas formativos. Mil delas corresponden ao Talentia IT Skills, unha das grandes novidades este ano. Este programa inclúe formación e certificacións en tecnoloxía que se desenvolverán ao longo dun ano, en áreas clave como computación na nube, Big Data, Intelixencia Artificial, ciberseguridade, redes e programación; con cursos de fabricantes e institucións de referencia como Microsoft, Meta, Cisco Networking Academy e Python Institute. A oferta está pensada tanto para as persoas en fase de reciclaxe profesional como para aquelas que desexen dar os seus primeiros pasos no ámbito tecnolóxico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?