Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O orzamento de GAIN ascende a 120 millóns de euros para 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O orzamento de GAIN ascende a 120 millóns de euros para 2025

S. P.
Publicado: 08/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cotelo_gain.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, compareceu este xoves 7 de novembro na Comisión 3ª do Parlamento de Galicia para presentar as contas do seu departamento para o ano 2025. Cotelo sinalou que GAIN disporá dun orzamento de preto de 120 millóns de euros para “consolidar en Galicia un ecosistema de innovación aberta capaz de revitalizar os sectores produtivos”. Empregarase a fórmula do crecemento intelixente baseado na ciencia e no coñecemento “que permita xerar emprego de calidade”.
A directora de Innovación apuntou que este orzamento medra un 14,4% respecto de 2024, “consolidando un crecemento continuado desde 2014”.
No centro da política de I+D+i estará “o programa de talento”, en liña coa prioridade posta nas persoas pola Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 21-27. A lanzar novas actuacións e consolidar outras que xa teñen demostrado grande impacto en todas as etapas da carreira investigadora, destinaranse 11,8 millóns de euros. Seguindo este fío, manteranse as axudas ás etapas predoutoral e posdoutoral, para apoiar a súa formación nas etapas iniciais; os doutoramentos industriais, para posibilitar a contratación de estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos para desenvolver a súa tese nunha contorna empresarial; á consolidación dos grupos de investigación, e á xeración, atracción e retorno do persoal investigador excelente e fomento da excelencia a través do programa Oportunius. Ademais, lanzaranse medidas de posicionamento internacional do ecosistema galego de I+D+i para potenciar a atracción e retorno de talento.
Por outra banda, fortaleceranse as infraestruturas de computación de altas prestacións e dotarase de novas infraestruturas en tecnoloxías cuánticas para atender as necesidades do ámbito científico. Así, co fin de ampliar as infraestruturas do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e situalo como un centro de referencia a nivel europeo e internacional destinaranse 56 millóns de euros no proxecto global.
De xeito complementario, sinalou Cotelo, seguirá fortalecéndose o sector das tecnoloxías cuánticas mediante o desenvolvemento de distintas iniciativas no marco da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas que lidera a Xunta. “As tecnoloxías cuánticas teñen un grande potencial transformador doutros sectores, así como de impulsar un ecosistema forte neste eido, algo que se considera fundamental para impulsar o avance científico e económico de Galicia”, engadiu.
Ademais, a Axencia Galega de Innovación destinará 15,2 millóns de euros ao financiamento dos centros tecnolóxicos, fundacións de investigación sanitaria e organismos públicos de investigación galegos, a través de varias liñas de apoio: contratos programa para financiar os seus custos estruturais, fortalecemento das infraestruturas e equipamentos dos centros tecnolóxicos para mellorar a súa excelencia, e a apoiar a construción dos centros de investigación empresarial en marcha, como Borgwarner en Nigrán e Mestrelab en Santiago de Compostela.
A Consellería tamén seguirá “reforzando a transferencia dos resultados da I+D+i ao mercado como factor de competitividade”. Así, no marco do programa Ignicia seguiranse desenvolvendo actuacións para impulsar o potencial dos profesionais da transferencia. Ademais, implementaranse novas accións como un Plan de apoio aos organismos de investigación da Xunta na valorización e protección dos seus resultados e experiencias piloto de colaboración entre universidades e centros tecnolóxicos na comercialización dos resultados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?