Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O fenómeno da serie web Pringadas chega a AGalega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O fenómeno da serie web Pringadas chega a AGalega

S. P.
Publicado: 08/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pringadas_presentacion_agalega_webserie.jpgA produtora Brava confirmou que xa está dispoñible na plataforma AGalega, a primeira temporada de Pringadas, serie web incluída entre as grandes preferencias da mocidade galega e que conta a historia de tres compañeiras de piso que se apoian, cometen erros e perden os nervios ao tentar sobrevivir a ese “espazo baleiro” que hai entre a adolescencia e a vida adulta.
Escrita e dirixida por Belén Puime (A Coruña, 1998), sería en palabras de Brava a primeira webserie que aborda a vida universitaria galega dende a ficción, “sempre cunha mirada feminista e transgresora”. O percorrido deste proxecto comeza cando gaña o Premio a proxecto do Carballo Interplay 2021, para acadar despois da súa estrea o premio Mellor Serie Galega no mesmo festival, ser finalista nos premios Mestre Mateo do Audiovisual e nomeada a Mellor Serie Española. Tamén conta cun historial de mancheas de eventos a nivel autonómico e nacional, chegando encher máis de 600 butacas no Teatro Colón da Coruña e a proxectarse no Palacio Cibeles de Madrid.
Estes éxitos abríronlle as portas das plataformas Atresplayer, Playz, RTP Lab ou Freeda, “defendendo sempre o galego como marca de calidade”.
Ademais, chegou a ser a primeira ficción seriada en galego de Filmin, e a primeira serie en galego dirixida por unha muller que logrou entrar nunha plataforma.
Segunda temporada
A nova entrega de Pringadas está producida por Brava para a CRTVG, na que estará dispoñible en próximas datas. Nela poderemos ver unha continuación dos temas que propuxo a primeira parte, como son a sexualidade, os coidados ou as ITS.
Pringadas é un proxecto feito da man de Brava, unha produtora galega emerxente liderada por Cristela Torres e Bea Villar, a cal se focaliza en facer contido desde unha perspectiva actualizada e feminista dirixido á mocidade. Entre os seus proxectos recentes, Brava produciu obras como a serie A moza que abortou e o contou (2024), e os programas Raíña-me! (2024) ou A Previa (2024) para CRTVG.
Para anunciar e celebrar a volta do fenómeno de Pringadas ás nosas pantallas, o pasado mércores 6 de novembro celebrouse a presentación da segunda tempada nun evento que encheu a Igrexa da Universidade da USC. Mocidade galega, o equipo da serie e membros de CRTVG e da USC puideron asistir a un entretido evento conducido por Belén Puime e Uxía Vázquez. Nesta actividade desfrutouse dun adianto exclusivo da serie, a presentación dos temas que se verán nos episodios e o paso por un photocall.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?