Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A investigadora Benita Silva Hermo, na enciclopedia en liña do Álbum de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A investigadora Benita Silva Hermo, na enciclopedia en liña do Álbum de Galicia

S. P.
Publicado: 08/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ccg_adg_benita_silva_hermo_005.jpgBenita Silva Hermo (A Pobra do Caramiñal, 1951 – Santiago de Compostela, 2023), muller que abriu camiño a nivel europeo dentro dos estudos dos monumentos graníticos, entrou este 8 de novembro no Álbum de Galicia, colección dixital de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG).
Benita foi catedrática e docente na facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e, segundo salienta o CCG na súa entrada, “o seu esforzo científico acadou recoñecemento a nivel dentro do seu eido de investigación, que, ademais dos estudos da rocha e do solo, abrangueu dende as alteracións das pinturas murais e rupestres de Galicia ata os efectos dos cambios no clima”.
A súa entrada está asinada polo científico Francisco Díaz-Fierros.
A pegada desta recoñecida investigadora está “en máis dun cento de publicacións, moitas delas en revistas de ámbito internacional, tres libros, doce proxectos de investigación (3 europeos) e sete teses de doutoramento”, apunta Francisco Díaz-Fierros na súa entrada do Álbum de Galicia, destacando “un traballo científico ao que se lle suma o feito de ter sido a coordinadora do Grupo de Estudos Medioambientais Aplicados ao Patrimonio Cultural e Natural da USC, alma mater da que foi, ademais, presidenta e, logo, presidenta de honra na asociación Alumni USC, conformada por antigos alumnos da universidade santiaguesa”.
Dentro do eido da xestión universitaria, Silva Hermo foi tamén vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC (2010-2014), cargo no que destacou por desenvolver “unha actividade moi singular coa promoción de novos proxectos e actividades”, destaca Díaz-Fierros na súa entrada biográfica.
Silva Hermo, despois de doutorarse, comezou o seu traballo nos solos co foco posto na alteración dos solos na zona das Mariñas coruñesas, dedicándose logo ao estudo doutras áreas da xeografía galega, con repercusión en forma de traballos para revistas científicas nacionais e estranxeiras é neste período “cando pon a punto e aplica aos procesos de alteración de rochas e outros procesos edafoxenéticos as importantes técnicas micromorfolóxicas que ata ese momento non se tiñan empregado no estudo dos solos galegos”, o que marcou o seu carácter de abrir camiños neste eido.
A esta iniciativa sumouse, máis adiante, o estudo do deterioro ambiental dos monumentos construídos con granito, “unha liña de traballo que continuaría e ampliaría a outros materiais e no que chegaría a ser, ademais de pioneira, unha das máis recoñecidas especialistas europeas”.
Álbum de Galicia
En xaneiro de 2020 o Consello da Cultura Galega presentou o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. A idea é “dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa historia”.
A día de hoxe,conta con máis de 744 entradas, das cales as máis recentes son as de Suso Díaz, María Teresa Fernández Rodríguez, Antonio Paz Valverde e Xosé María Díaz Castro. As biografías están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas. Os textos e materiais están producidos por expertos e son unha fonte rigorosa para acceder á vida e obra destes persoeiros. Ademais, o Álbum de Galicia permite explorar a presenza das persoas biografadas nos fondos documentais dixitalizados do Consello da Cultura Galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?