Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG e a Xunta comparten iniciativas presenciais e dixitais para o impulso do galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG e a Xunta comparten iniciativas presenciais e dixitais para o impulso do galego

S. P.
Publicado: 08/11/2024
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

20241108_reunionlingua_conselleirodecultura_valentingarcia_doloresvilavedra_joselopezcampos_rosarioalvarez_dsc08498.jpgA situación da lingua e as medidas a adoptar foron os temas que abordaron a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, no marco da reunión celebrada na mañá deste 8 de novembro na sede do CCG en Santiago (Pazo de Raxoi). O conselleiro debullou as medidas para o impulso do galego, moitas delas dixitais, e a presidenta do CCG trasladoulle á súa vez as iniciativas programadas pola institución para 2025 en materia de lingua, entre as que destaca un foro participativo.
“Estamos ante un momento único para unir forzas e traballar en conxunto polo prestixio da nosa lingua, demostrando o compromiso de todos e todas polo noso maior tesouro”, destacou o conselleiro trala xuntanza, á que tamén asistiron Valentín García, secretario xeral da Lingua e Dolores Vilavedra, vicepresidenta do CCG.
“A ninguén se lle escapa que a lingua é unha preocupación central desta institución” apuntou Rosario Álvarez, quen lembrou que como “corpo asesor e consultivo poñemos á disposición da administración os informes, documentos de traballo, ditames outros materiais que a institución ten elaborado con rigor e responsabilidade en materia de lingua”. Recordou, tal e como anunciou na súa comparecencia parlamentaria do pasado 30 de outubro, a posta en marcha dun foro participativo ao longo de 2025 en que se abordarán problemas sociais da lingua desde diferentes perspectivas. Tamén apuntou a dispoñibilidade do Observatorio da Cultura Galega para modificar a súa “programación para dar cabida ás medidas de exploración e de análise que sexan necesarias para o proceso que agora comeza”.
A presidenta lembrou que o CCG leva anos insistindo na necesidade de que as cuestións lingüísticas teñen que estar fora do debate partidario e debe ser “un proxecto de país”.
Foro participativo
Entre xaneiro e decembro de 2025 o Consello da Cultura Galega poñerá en marcha un formato participativo semellante ao que xa desenvolveu no ámbito do patrimonio (Foro patrimonio e sociedade, que xuntara un centenar de expertos e deu lugar a unha guía práctica que contén as liñas estratéxicas arredor da xestión integral do patrimonio cultural na comunidade galega). O novo foro, coordinado pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación, artellarase en seis mesas de debate. “A partir dunha serie de liñas de información e debate, chamaremos a consulta a expertos e axentes sociais para abordar experiencias e iniciativas da sociedade civil que estean a funcionar e que permitirán chegar a un documento propositivo” apuntou a presidenta do CCG. O deporte, o ensino non obrigatorio… son algúns dos eixos de actuación deste foro.
Con todo, insistiu no feito de que serán actuacións complementarias coas que se están a desenvolver desde tanto desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que xa anunciou a posta en marcha máis de 50 medidas para impulsar o uso do galego en diverso eidos, como doutras entidades.
Pacto pola Lingua
A xuntanza enmarcouse nas reunións que está a levar a cabo o conselleiro para avanzar no Pacto pola Lingua, un proceso, apuntou, “no que consideramos esencial facer partícipes a distintas institucións relevantes na sociedade que poden aportar achegas de grande interese a esta folla de ruta para impulsar o galego”. Explicou que a reunión “dá continuidade aos primeiros encontros que xa se produciron cos grupos parlamentarios, e que se volverán retomar nas vindeiras semanas, encamiñados a acadar o consenso sobre as liñas de actuación que permitan reforzar a presenza da lingua en todos os eidos”. Así, ao Consello da Cultura Galega seguiranlle conversas coa Real Academia Galega e con outras entidades como a Administración xeral, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as universidades.
Con estes movementos, indicou o responsable autonómico de Lingua,“estamos ante un momento único para unir forzas e traballar en conxunto polo prestixio da nosa lingua, demostrando o compromiso de todos e todas polo noso maior tesouro”. Un traballo que, recordou, parte dun documento que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude xa propuxo ás formacións políticas na toma de contacto inicial e que tamén lle presentou á presidenta do Consello da Cultura Galega tendendo unha ponte, dixo, para “enriquecelo con novas propostas que, a bo seguro, van ir en beneficio do galego e da sociedade”.
Deste xeito, lembrou que desde a Xunta deseñáronse unha serie de liñas clave que teñen por obxectivo chegar a un Pacto pola Lingua, sobre as que se irán artellando novas accións ao longo dos próximos meses. Así, o punto de partida contempla: a renovación do Plan xeral de normalización da lingua galega coa creación de comisións de traballo antes de final de ano formadas por persoas de recoñecido prestixio; a posta en marcha dun plan de 50 medidas para impulsar o uso do galego en diversos eidos; o incremento dun 30% da partida destinada a accións de dinamización da lingua nos orzamentos de 2025; situar a CRTVG como catalizadora da lingua, favorecendo produtos en galego, e seguir as recomendacións da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias como referencia.
As primeiras medidas
O conselleiro recordou que desde principios de outubro, a Consellería ten en marcha unha campaña que, baixo o lema Saca a lingua que levas dentro, convida a facer uso do galego máis alá “do alto nivel de coñecemento e competencias que do idioma”, dixo, engadindo que os seguintes pasos, sobre os que xa se leva traballando hai tempo e que se desenvolverán nos vindeiros meses, abranguen accións centradas no eido dixital, outras enfocadas nas persoas chegadas do exterior e ao fenómeno do neofalantismo, así como iniciativas dirixidas á mocidade ou a reforzar a presenza do galego en diferentes sectores profesionais e diversos ámbitos da sociedade.
Salientou así a posta en marcha o ano que vén de máis de 100 cursos de cultura e lingua galegas para persoas non nacidas en Galicia, ademais de grupos de voluntariado lingüístico para organizar conversas e propostas de traballo colaborativo coas asociacións de distintas comunidades asentadas en territorio galego. A isto, engádense outros cursos centrados en distintos ámbitos profesionais, como o sanitario, e propostas como actividades para incentivar a lingua na escola.
Lembrou tamén que as persoas que deciden falar galego cando a súa lingua nai foi outra teñen á súa disposición o portal neofalantes.gal, onde, máis alá de atopar un punto informativo, tamén poden interactuar a modo de rede social para dar testemuños e compartir experiencias sobre o proceso. Ademais, no eido dixital tamén destaca o Proxecto Nós, unha das propostas máis ambiciosas a prol do galego que avanza para situalo nun medio esencial hoxe en día, de maneira que estea presente en todas as plataformas tecnolóxicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?