Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: José López, Valentín García e Judith Fernańdez entregan os premios de Nós tamén creamos!
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

José López, Valentín García e Judith Fernańdez entregan os premios de Nós tamén creamos!

S. P.
Publicado: 08/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premios_nos_tamen_creamos.jpgO conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Innovación Educativa, Judith Fernández, entregaron este 8 de novembro, no CGAC de Santiago, os premios ás mellores curtametraxes en galego do certame Nós tamén creamos! edición 2023-2023 (duodécima convocatoria). Na cita loaron o “enorme talento e creatividade en galego da rapazada”.
Nesta edición do certame participaron 24 centros de educación Primaria de toda Galicia. O concurso volveu contar coa colaboración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQO editora, xa que a rapazada de entre 3 e 11 anos realiza adaptacións audiovisuais coa técnica de stop-motion dos seus álbums ilustrados.
López Campos salientou o papel deste certame entre os escolares ao permitirlles “crear e divertirse” a través do audiovisual e do galego, “demostrándolles a utilidade sen límites, nin de idade nin de creatividade, de ambas linguaxes”, valorou.
Explicou tamén que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude poñerá en marcha de cara ao ano 2025 medidas de colaboración con creadores de contido audiovisual que axuden a favorecer a creación de vencellos entre a lingua e estas xeración máis novas, especialmente, entre os escolares.
Finalmente, López Campos felicitou os pequenos e pequenas participantes, aos que lles gabou a “calidade creativa, arriscada e valente” e que considerou o “exemplo do espírito do sector cultural galego”, do que salientou o “bo momento” que está atravesando, “tal e como reflicte que supoña o 3 % do Produto Interior Bruto galego”.
As curtametraxes gañadoras
premios_nos_tamen_creamos_2.jpg En total, galardoáronse sete centros educativos de primaria xa que, en tres das catro categorías existentes para educación Primaria, a calidade dos traballos presentados propiciou que se lles concedesen accésits.
Deste xeito, o primeiro galardón da categoría de 2º ciclo de educación Infantil foi para o proxecto Caracola, da EEI do Vao (Pontevedra) e déuselle un accésit a Quen levou o pemento de Padrón das EEI de Escravitude, de Pontecesures.
O premio para 1º e 2º de educación Primaria foi parar ao audiovisual Quen levou a Lúa?, do CEIP Carlos Casares, de Nigrán (Pontevedra), mentres que a distinción en 3º e 4º de educación Primaria recaeu en Quen levou a Lúa, do colexio CEIP A Igrexa-Calo, de Teo (A Coruña). Nesta categoría, tamén se decidiu entregar un accésit ao audiovisual Chocolata, do CEIP Plurillingüe Condesa de Fenosa, do Barco de Valdeorras (Ourense).
Finalmente, na categoría de 5º e 6ª de Primaria, o primeiro galardón foi para O que ten que aprender un cempés, do CEIP Viñagrande-Deiro, de Vilanova de Arousa (Pontevedra). A maiores, distinguiuse cun accésit á curtametraxe A sopa queima, do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha (A Coruña).
Todas as curtas premiadas e as do resto dos 24 centros escolares participantes poderanse visualizar no Portal da Lingua Galega, na súa canle de Youtube e, ademais, na sección infantil e na aplicación Xabarín da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?