Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Quince IES da provincia da Coruña participan na VI Ciberliga Nacional de Retos no Ciberespazo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Quince IES da provincia da Coruña participan na VI Ciberliga Nacional de Retos no Ciberespazo

S. P.
Publicado: 11/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ciberliga_garda_civil_sada_maria_rivas.jpgA subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, participou esta mañá no IES Isaac Díaz Pardo de Sada na presentación da sexta convocatoria da Ciberliga Nacional de Retos no Ciberespazo que organiza a Garda Civil, e que contou coa participación do alumnado de 4º da ESO, destinatarios da modalidade pre-amateur creada o ano pasado. Segundo informou, serán 15 os centros educativos da provincia da Coruña os participantes nesta iniciativa e poderán inscribir aos seus equipos ata o 22 de novembro.
Os equipos estarán compostos preferentemente por 4 estudantes, que disputarán a fase clasificatoria en Galicia entre o 25 o 29 de novembro nos propios centros educativos. Os institutos clasificados disputarán a final no Centro Universitario da Garda Civil de Aranxuez no mes de marzo de 2025.
A subdelegada indicou que con esta competición, a Garda Civil pretende “concienciar á mocidade sobre o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías, así como potenciar o coñecemento e premiar o talento no ámbito da ciberseguridade”.
O alumnado participante terá que enfrontarse, e tratar de resolver, unha serie de ciber-desafíos que simulan situacións reais que poden atoparse cando navegan por Internet. E para superalos deberán empregar todas as súas habilidades, traballando en equipo e pondo en práctica os ensinos recibidos, especialmente na acción formativa que se desenvolve de maneira previa á competición.
Durante a súa intervención, María Rivas sinalou que “a ciberseguridade constrúese e debe mellorarse día a día”, esta é a única maneira de enfrontar as novas ameazas que van xurdindo. Lembrou que “a ciberdelincuencia non é algo que lle pasa aos demais. Todas e todos estamos en risco. Por tal motivo é fundamental formarse xa que canto máis preparados e preparadas estamos, mellor podemos autoprotexernos á vez que contribuímos a crear unha Internet máis segura”.
Finalmente felicitou a todos os centros educativos e ao alumnado de 4º da ESO que participa na National Cyber League da Garda Civil. Esta foi creada en 2019 co obxectivo de contribuír ao fortalecemento do ecosistema da protección tecnolóxica mediante a formación da cidadanía nesta materia. Este programa experimentou unha evolución paulatina chegando ao momento actual no que se estrutura en tres modalidades: Amateur dirixida ao alumnado universitario e de Formación Profesional; Profesional dirixida a axencias policiais e do ámbito da defensa así como empresas do sector privado. E finalmente, a modalidade Pre-Amateur que se presentou este 11 de novembro provincia da Coruña.
A quinta edición (ano 2023) aplicou a modalidade pre-amateur, para alumnos de 4º curso da ESO, cun proxecto piloto na Comunidade Autónomas de Galicia, Castela a Mancha e Madrid na que participaron preto de 4.000 alumnas e alumnos de 4º da ESO.
No caso de la provincia de A Coruña, los centros participantes son: IES David Buján de Cambre, IES Maximino Romero de Lema de Zas, CPR Plurilingüe Valle-Inclán 1 de Ferrol, IES Isaac Díaz Pardo de Sada, IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago, CPR Plurilingüe Nosa Señora do Rosario de Arzúa, IES Camilo José Cela de Padrón, CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto, CPI Plurilingüe Fonte Díaz de Touro, IES Francisco Aguilar de Betanzos, IES Moncho Valcarce de As Pontes, IES As Telleiras de Narón, IES Alfredo Brañas de Carballo, CPI Plurilingüe dos Dices de Rois e EFA Fonteboa de Coristanco.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?