Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña impulsa a eAdministración en 66 concellos da provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña impulsa a eAdministración en 66 concellos da provincia

S. P.
Publicado: 11/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna_dixitalizacion_dos_concellos.jpgA Deputación da Coruña continúa a súa aposta por impulsar a transformación dixital nos municipios da provincia. O presidente, Valentín González Formoso, asinou este luns 11 de novembro no Pazo de Mariñán (Bergondo) un convenio de colaboración con 66 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia co fin de potenciar a implantación da Administración Electrónica a nivel local.
O convenio, que ten unha vixencia de catro anos e catro máis prorrogables, ten como obxectivo “mellorar os principios de eficacia e eficiencia nas entidades locais, ao aforrar custos a cidadáns e empresas”. Ademais, “facilita aos municipios o cumprimento das obrigas de transparencia e mellora a seguridade”.
En palabras do presidente provincial, “a implantación desta proposta garantirá o acceso aos servizos públicos en cada concello mediante sedes electrónicas propias, que estarán interconectadas coa plataforma integral de servizos da Deputación da Coruña”. Ademais, ofrecerase un amplo catálogo de solucións de Administración Electrónica, como plataformas e solucións tecnolóxicas ou actividades de apoio e soporte para persoal municipal e cidadanía.
Proxecto Concello Dixital
O presidente Valentín González Formoso destacou que “nos últimos cinco anos, a Deputación investiu máis de 16 millóns de euros en diferentes estratexias, plans e medidas no ámbito da transformación dixital dos concellos”. Entre elas, destaca o Proxecto Concello Dixital, unha plataforma de Administración Electrónica centrada na modernización dos concellos e a súa interoperatividade cos servizos dixitais da Deputación. “O proxecto Concello Dixital beneficiou xa a preto de 500.000 persoas, que viron reducidos os tempos de primeira resposta administrativa nun 25%, e nun 40% na resolución de expedientes, no que supón unha auténtica revolución burocrática que nos permitiu ampliar o catálogo de servizos de dixitalización e mellorar a interoperabilidade entre concellos e Deputación”, afirmou o presidente.
En xeral, segundo as estimacións da Deputación, a adopción da eAdministración nas entidades locais da provincia supuxo no que vai de 2024 un aforro ás arcas públicas de preto de 20 millóns de euros
Ademais, a institución provincial ten en marcha outras medidas como un Plan de Ciberseguridade para os sistemas da Deputación e das administracións locais, e as Oficina do Dato, de Accesibilidade e Servizos Dixitais, e o proxecto Acelera Peme, destinado a superar a fenda dixital e a dar un impulso tecnolóxico no rural.
Os concellos que asinaron o convenio son: Abegondo, Aranga, Arzúa, A Baña, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cabana, Camariñas, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Coirós, Corcubión, Curtis, Dodro, Dumbría, Fene, Fisterra, Frades, Irixoa, A Laracha, Laxe, Malpica, Mañón, Melide, Mesía, Miño, Monfero, Muros, Muxía, Neda, Negreira, Ordes, Oroso, Paderne, Padrón, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes, Rianxo, Sada, Santa Comba, Sobrado, Toques, Tordoia, Touro, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?