Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arranca a 7ª edición do proxecto Ciencia e Tecnoloxía en Feminino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arranca a 7ª edición do proxecto Ciencia e Tecnoloxía en Feminino

S. P.
Publicado: 12/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ciencia_e_tecnoloxia_en_feminino_tecnopole_3.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) participa no proxecto Ciencia e Tecnoloxía en Feminino, promovido pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE-, na que está integrado. O obxectivo desta iniciativa é lograr que “aumente a porcentaxe de alumnas que elixen a especialidade de Ciencias ou Tecnoloxía en Educación Secundaria e opten posteriormente por carreiras STEM debido á súa baixa participación nestas materiais.
A sétima edición do proxecto arrancaba esta mañá en 21 parques e múltiples centros de Educación Secundaria de toda España. Este programa diríxese a estudantes de 1º a 3º da ESO e tamén está aberto aos últimos cursos do ensino primario, que poderán participar nunha serie de xornadas e actividades organizadas polos diferentes parques colaboradores ata abril de 2025.
Tecnópole creou unha serie de vídeos nos que as protagonistas son mulleres con postos de responsabilidade en empresas que están a participar no programa autonómico Galicia Avanza (promovido pola Xunta de Galicia e Tecnópole). Difundiranse a través das redes sociais do Parque para animar ás mozas a estudar carreiras científico-tecnolóxicas. Ademais, vanse celebrar varias xornadas en febreiro de 2025, coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Contarase coa participación de varias mulleres científicas, empresarias ou tecnólogas da contorna do Parque, que relatarán a súa experiencia persoal e profesional, axudando ao alumnado a descubrir as novas posibilidades que lles poden abrir estas disciplinas.
ciencia_e_tecnoloxia_en_feminino_tecnopole_2.jpgTamén haberá obradoiros prácticos de temática científica e tecnolóxica, que achegarán a ciencia e a tecnoloxía de xeito práctico e divertido, contribuíndo a derrubar falsos estereotipos sobre actividades tradicionalmente adscritas ao público masculino. Os centros interesados xa poden contactar con Tecnópole para participar nestas xornadas.
As rapazas e rapaces poderán participar ademais no concurso nacional Propostas Innovadoras aos Retos para o Desenvolvemento Sostible. Estes retos están vencellados coa saúde e o benestar, a igualdade de xénero, a enerxía accesible e non contaminante, o traballo decente e crecemento económico, a acción polo clima… A gañadora ou gañador nacional darase a coñecer nunha xornada que terá lugar en Madrid no mes de abril do vindeiro ano.
Só o 12% do alumnado que realiza estudos TIC son mulleres
Dende a Tecnópole lembran que a brecha de xénero en estudos STEM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) é “un problema que ten importantes consecuencias no noso actual sistema de innovación, debido a que non se está a contar co talento do 100% da poboación; por iso, desde os parques científicos e tecnolóxicos españois a través desta iniciativa contribúese a reducir a brecha de xénero neste eido, co fin de crear un sistema de innovación máis competitivo”.
Segundo as cifras achegadas por APTE, só o 30% do alumnado universitario no ámbito STEM son mulleres, tanto en España como nas medias internacionais. Ademais, os datos globais reflicten que só 24 mulleres de cada 1.000 se gradúan en estudos TIC e delas só 6 traballan no sector tecnolóxico. En España a proporción de mulleres en estudos TIC alcanza unicamente o 12%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?