Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta celebra en Santiago unhas xornadas contra as agresións nas redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta celebra en Santiago unhas xornadas contra as agresións nas redes

S. P.
Publicado: 13/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

conectadas_e_seguras.jpgA Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, convídanos a participar no evento Conectadas e seguras: Xornadas contra a violencia de xénero dixital, unha cita de referencia para abordar a problemática das agresións machistas no ámbito dixital e promover solucións innovadoras desde diferentes disciplinas. Celebrarase este mércores 13 de novembro pola tarde, entre as 16.30 e as 19.15 horas, dende o Hotel Puerta del Camino de Santiago.
O acto contará coa participación destacada de Roberto Barba Alvedro, director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, quen inaugurará a xornada e ofrecerá unha perspectiva institucional sobre os retos e compromisos da Xunta de Galicia neste ámbito.
A continuación celebrarase unha mesa redonda moderada por Estíbaliz Veiga na que participarán Ramón Arce Fernández, catedrático de psicoloxía forense e presidente da Sociedade Española de Psicoloxía Xurídica e Forense, Sonia Rey Salgueiro, xuíza titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller Nº1 da Coruña, Antonio Rial Boubeta, psicoloxía social experto no impacto das novas tecnoloxías, Iván Luis Vázquez, enxeñeiro informático experto en peritaxe xudicial, e Alberto Castro Vázquez, técnico dixital dos Equipos de Investigación Tecnolóxica (EDITE) da Garda Civil de Lugo.
Ás 18.00 haberá un descanso para o café e a actividade retomarase ás 18.30 horas cun relatorio sobre a Directiva (UE) 2024/1385 do Parlamento Europeo e do Consello de 14 de maio de 2024 sobre a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica, a cargo de Sonia Rey Salgueiro.
A xornada rematará cunha quenda de preguntas a partir das 19.00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?