
Desde as 10.00 da mañá e ata as 20.00 horas, persoas de todas as idades percorrerán as instalacións do CiQUS, CiMUS, CiTIUS, IGFAE e CRETUS para coñecer, da man do persoal investigador, o labor científico punteiro que se desenvolve neles día a día. Para participar nas actividades é preciso un rexistro previo, que pode formalizarse na páxina web de Ciencia Singular da USC desde o vindeiro martes 19 de novembro ás 16.00 horas, sitio onde están dispoñibles os programas e horarios da xornada.
O programa inclúe charlas divulgativas, visitas guiadas, obradoiros e experimentos, centos de visitantes poderán descubrir a investigación en áreas como a química, as tecnoloxías intelixentes, a medicina molecular, a física ou as ciencias ambientais. Con este programa, Ciencia Singular “procura fomentar vocacións científicas desde idades temperás e trasladar á sociedade a relevancia do traballo que se desenvolve nestes centros durante todo o ano”.
Solidariedade coas persoas afectadas pola DINA en Valencia
Diante da emerxencia xerada pola devastadora DINA que afectou a diversas localidades de Valencia, os centros singulares da USC acordaron sumarse á campaña de doazóns impulsada pola Cruz Vermella. As persoas que desexen achegar as súas doazóns poderán facelo na páxina web de Ciencia Singular, no formulario de rexistro e no propio día da actividade, nos cinco centros participantes na xornada de portas abertas.
Os centros de investigación da USC abren as súas portas na 8ª edición de Ciencia Singular
Compartir Este Artigo

