Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ecoloxistas en Acción pon na Rede o documental Alegría!, con motivo do 22 aniversario do desastre do Prestige
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ecoloxistas en Acción pon na Rede o documental Alegría!, con motivo do 22 aniversario do desastre do Prestige

S. P.
Publicado: 13/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

alegria_prestige_ecoloxistas_en_accion.jpgA organización Ecoloxistas en Acción vén de abrir ao público o documental Alegría!, con motivo dos 22 anos do desastre ambiental do buque petroleiro Prestige nas nosas costas. Con iso pretende alertar de que, 22 anos despois, “a sociedade non está exenta dun novo desastre ecolóxico debido á gran dependencia do petróleo”. O filme Alegría!, película producida pola organización ecoloxista, sinala as causas que desencadearon a maior marea negra da costa galega e lembra que “ante a inacción do goberno, foi a marea branca de solidariedade a que se enfrontou ao chapapote”.
A organización lembra que logo destes anos “os efectos da vertedura do Prestige aínda están presentes na Costa da Morte, podéndose observar aínda a primeira ollada”. Engaden que “aínda queda chapapote baixo a area e que todo isto sitúanos ante outra proba máis de como, cando se produce un gran desastre ecolóxico, os seus efectos perduran durante anos ou mesmo décadas… Por iso, é necesario que se adopten por parte das autoridades todas as medidas necesarias para evitar que se volvan a producir este tipo de accidentes”.
Ecoloxistas en Acción lembra que o 70 % do transporte marítimo europeo pasa fronte a Galicia, uns 40.000 barcos ao ano, e aproximadamente un de cada tres (38 ao día) transporta mercadorías perigosas, ademais do seu combustible. “Lembremos o accidente do quimiquero Blue Star na ría de Ares o ano pasado”, sinalan.
expo-prestige-2002-32-x3.jpgEcoloxistas en Acción, coa difusión deste documental, quere lembrar que é necesario mellorar a coordinación de medios operativos permanentes e unidades de vixilancia marítima, así como o aumento da cantidade e calidade das inspeccións dos buques que atracan no litoral de Galicia; “Que hai pequenos Prestige diarios, en forma de baleirados de sentinas; que temos, tamén, que romper con este modelo dependente do petróleo, cuxas desgraciadas consecuencias para o planeta coñecemos; pero, sobre todo, lembrar a onda de solidariedade, a marea branca que suplindo a carencia de medios coa forza da ilusión foi quen de enfrontarse a gran mancha negra mentres o Goberno, ausente, seguía negando a súa existencia”. Por iso o título deste documental é Alegría!, o berro de guerra contra o chapapote que os voluntarios e voluntarias entoaban cando o cansazo facía efecto neles. Unha exclamación popular que devolveu a dignidade ao pobo galego.
Podemos ver o audiovisual en cuestión no YouTube e, de xeito complementario, unha galería fotografía que documenta o desastre do Prestige e a marea branca que contribuíu a paliar e frear o desastre.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?