Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula AMTIC de Milladoiro organiza unha xornada sobre o uso responsable das redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula AMTIC de Milladoiro organiza unha xornada sobre o uso responsable das redes sociais

S. P.
Publicado: 13/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

amtic_uso_responsable_redes_sociais_ames.jpgO mércores 27 de novembro, ás 18:00 horas, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro (Ames) unha conferencia sobre o uso responsable das redes sociais organizada pola aula AMTIC. A charla, dunha hora de duración, abordará cuestións como o uso consciente destas plataformas ou algúns dos perigos asociados a elas. Está dirixida a público a partir de 16 anos. A inscrición pode facerse no teléfono 674 594 843, en horario de 9:30 a 14:00 horas, ou a través do enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal, enviando esta ficha cuberta e asinada.
Enmárcase na celebración do Día Internacional da Seguridade da Información. O obxectivo desta actividade é “proporcionar ferramentas e estratexias efectivas para o uso consciente e responsable das redes sociais, e para recoñecer riscos asociados a elas na actualidade”.
A conferencia comezará cunha serie de preguntas e enquisas que os asistentes responderán conxuntamente e de forma oral para que formen unha imaxe global do uso que fan das redes sociais: que tipos de redes utilizan, canto tempo invisten, que é o que buscan nelas, etc.
A continuación aprenderán algunhas pautas para facer un uso responsable das redes sociais, como poden ser revisar o acceso que teñen configurado nas súas redes, revisar o contido antes de publicalo, ser conscientes do contido que consumimos e como nos afecta este tipo de contido ou filtrar a información que reciben, entre outros.
Finalmente, visualizaranse distintos vídeos nos que se recrearán casos de diferentes perigos asociados ás plataformas como sexting, grooming, problemas de privacidade, phising ou fraudes, e analizaranse as súas consecuencias.
Inscrición
As prazas asignaranse por orde de recepción das solicitudes ata completarse. Para anotarse é preciso enviar esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal. Tamén se pode facer a través do teléfono 674 594 843, en horario de 9:30 a 14:00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?