Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Lugo acolle un ciclo de relatorios sobre innovación, mercadotecnia e transformación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Lugo acolle un ciclo de relatorios sobre innovación, mercadotecnia e transformación

S. P.
Publicado: 14/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

traballando_portatil_moza_muller_laptop.jpgO grupo de innovación docente en Xestión de Datos e Novas Tecnoloxías na Educación en Márketing organiza esta tempada un completo programa de actividades centradas na revolución tecnolóxica do que se coñece como mercadotecnia. Falamos de MarketingHub: ciclo de charlas sobre innovación, márketing e transformación dixital que se desenvolverá na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo os días 13 e 21 de novembro e o 18 de decembro.
No marco desta iniciativa participarán profesionais e persoal académico de recoñecido prestixio sobre as ditas áreas de actividade profesional e empresarial e o impacto da tecnoloxía nestas áreas. Todos os relatorios terán lugar no salón de graos do centro.
Jaime Landeta, co-fundador e actual director executivo de Apodemia, unha cadea de xoiería de autoría, impartirá o relatorio deste mércores 13, ás 11.00 horas. Jaime Landeta estudou Ciencias Económicas e complementou a súa formación cun mestrado de Análise e Valoración de Empresas (IEB). Antes de lanzarse ao mundo emprendedor con Apodemia, gañou experiencia profesional en grandes compañías como BBVA e Altium Capital. Esta charla é de acceso libre e aberta ao conxunto da cidadanía.
A charla do 21 de novembro, ás 12.00 horas, diríxese especificamente a alumnado que cursa Investigación Comercial nos graos en ADE e Empresa e Tecnoloxía. O relator é Juan Graña, fundador e director executivo (CEO) de Neurologyca dende 2013. Neurologyca é unha empresa líder en Neuro Intelixencia Artificial (NeuroIA) que combina tecnoloxías avanzadas de neuromarketing con Intelixencia Artificial centrada no ser humano. Graña é un profesional da mercadotecnia e especialista no desenvolvemento e aplicación de tecnoloxías e metodoloxías baseadas na neurociencia para mellorar o coñecemento dos procesos cognitivos das persoas. Posúe unha ampla experiencia en consumer insights, consultoría e investigación de mercado traballando para marcas como Pepsi, Nestlé, Volkswagen, Movistar, Banco Santander, Orange, Verisure – Securitas Direct, Mediaset, Atresmedia, entre outras. Foi galardoado en 2022 como CEO do Ano nos Premios La Razón (Grupo Planeta), na categoría Neurociencia e investigación de mercado.
Gustavo Pernas de EMEA Client Services Lead at Tik Tok e con experiencia previa en compañías como Google, Facebook/Instagram ou Pinterest, será o relator do 18 de decembro, ás 12.00 horas. Egresado da Universidade de Santiago de Compostela, Pernas realizou despois un ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas e tamén un MBA na Bussiness School Hult, en Londres.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?