Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lousame activa nas redes sociais unha campaña contra a violencia de xénero
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lousame activa nas redes sociais unha campaña contra a violencia de xénero

S. P.
Publicado: 14/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

25n_querenme_ben2.jpgO Concello de Lousame, en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, vai desenvolver a campaña de sensibilización Quérenme ben, financiada con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o Ministerio de Igualdade. Unha iniciativa que foi presentada este 13 de novembro pola concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, que explicou que “está dirixida a sensibilizar á poboación en xeral da importancia da prevención da violencia de xénero a través do bo trato e o respecto entre iguais”.
Engadiu que Quérenme ben baséase na tradición de esfollar unha margarida con vistas a facilitarmos o camiño dunha decisión: “Preténdese poñer de manifesto as diferenzas entre as relacións sans e as relacións tóxicas, etiquetadas cada unha delas co cancelo #querenmeben ou #nonmequeren”.
Haberá dous xeitos de participar a través das redes sociais: compartir nelas a publicación que o Concello de Lousame faga da campaña Quérenme ben ou compartir unha frase relacionada coa campaña cos cancelos #querenmeben ou #nonmequeren e etiquetando ao Concello de Lousame en Facebook (concello.delousame), Instagram (@somosLousame) ou X (@SomosLousame).
En caso de non dispoñer de redes sociais, o Departamento de Igualdade de Lousame dá tamén a opción de enviar a frase por WhatsApp ao 689 126 385, indicando o nome e apelidos de quen a envía ou ao grupo ao que representa.
O concurso está aberto a toda a veciñanza e pódese participar de xeito individual ou grupal (aulas, entidades, asociacións…). O prazo para enviar frases remata o 29 de novembro. Ao finalizar a campaña sortearanse 1 vale por unha cea para dúas persoas para quen participe compartindo a campaña, 1 vale por unha cea para catro persoas para quen participe de xeito individual compartindo a súa frase e 1 vale de material deportivo entre os grupos.
Xardín diante da Casa Consistorial
Silvia Agrafojo explicou tamén que “o propio luns 25 de novembro organizaremos un acto conmemorativo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller onde, ademais da lectura do manifesto institucional, contaremos cos nenos e nenas do CPI Cernadas de Castro que converterán a praza Teodomiro Hidalgo nun xardín coas súas margaridas e frases contra a violencia machista”.
Os primeiros en participar na iniciativa foron os integrantes da Mesa Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, celebrada o pasado venres. Mensaxes como:
– Quérenme ben… cando me escoita con respecto aínda que non pense o mesmo ca min; cando me sorrín; cando me acompañan e respectan no meu día; se me sinto dona de min mesma e das miñas decisións.
– Non me queren ben… cando me xulgan sen saber e non me respectan; os que me xulgan sen escoitarme; cando me cargan coas tarefas da casa sen reparto equitativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?