Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Redegal lembra que o gasto medio para este Black Friday medrará un 21%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Redegal lembra que o gasto medio para este Black Friday medrará un 21%

S. P.
Publicado: 14/11/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Imaxe de descontos do Black Friday na web de RTVE
Imaxe de descontos do Black Friday na web de RTVE
A empresa galega Redegal, consultora full digital con sede en Ourense, vén de emitir un informe sobre a campaña do Black Friday e as previsións da mesma para o sector. Segundo fai saber, o gasto medio para a edición deste ano acadará os 345€, un 21% máis que o ano pasado 284 euros).
A firma Redegal engade que o Black Friday consolidouse como unha das citas anuais imprescindibles para os compradores e que a súa tendencia ascendente aparece reflectida en cadanseu informe de KPMG (no que figura a dita cifra dos 345 euros) e Webloyalty, onde se di que a previsión é que o volume de compradores creza un 10% ata situarse en 220,4 millóns.
Redegal lembra tamén que en España, as vendas online durante o Black Friday de 2023 alcanzaron os 2.000 millóns de euros, un 10% máis que no de 2022. Tamén fai saber que en 2024 o prognóstico é que aumenten as cifras entre o 18% e o 24%, cunhas tendencias que indican que o 74% dos compradores, segundo datos de Deloitte, preferirán realizar as súas compras a través de Internet, “o que subliña a crecente importancia dunha estratexia dixital ben definida”.
Outra das tendencias que xa está a se consolidar é a extensión, máis aló do propio Venres Negro, das campañas de promocións. “Aínda que o Black Friday sexa o día estrela, cada vez máis se alonga durante a fin de semana e, sobre todo, co Cyber Monday, que se celebra o luns seguinte e no que priman as ofertas en liña” explican dende Redegal, engadindo que “ata un 70% dos usuarios agardan a esta data para mercar aproveitando os descontos”.
Desde Redegal sinalan algúns dos consellos imprescindibles para asegurar o éxito dos ecommerce durante o Black Friday:
1. Traballar a estratexia con antelación. A estratexia para o Venres Negro debe empezar con bastante antelación preparando todo o necesario para que durante eses días todo vaia o mellor posible. “O ideal é ter unha landing específica coas ofertas de Black Friday para darlle maior peso e que sexa máis doada para o usuario navegar por elas”, explica a empresa ourensá.
2. Estratexia de captación. “É moi importante empezar previamente coas accións de Black Friday realizando, por exemplo, unha estratexia de captación de novos acuarios con bastante antelación dando a cambio ofertas exclusivas para subscritores ou mesmo cun early pass para poder acceder días antes a elas”.
3. Emailing. Neste punto é clave usar unha boa segmentación e estratexia de emailing avisando aos usuarios desde o inicio e manténdoos informados de todos os descontos para estes días.
4. Ofrecer promocións ou agasallos especiais. “É axeitado realizar algunha promoción ou agasallo especial de benvida a aqueles usuarios que merquen por vez primeira e se suscriban durante a campaña de Black Friday”, informa Redegal, engadindo que “outro tip importante é realizar ofertas flash ou de 24 horas en produtos determinados”.
5. Construír unha estratexia multicanle: “Utilizar unha estratexia multicanle é fundamental para tocar todas as partes do funnel e conseguir non só vendas, senón tamén ampliar o máximo posible a rede de clientes combinando redes sociais, publicidade, accións de marca e mercadotecnia por correo electrónico, entre outros”.
“Este Black Friday perfílase como unha das maiores oportunidades para o comercio electrónico en España. As tendencias de compra en liña e o crecemento previsto resaltan a importancia dunha estratexia dixital anticipada e ben estruturada. Desde Redegal, estamos comprometidos en apoiar os nosos clientes para que aproveiten ao máximo esta data clave, impulsando non só vendas, senón tamén unha relación sólida e duradeira cos seus consumidores”, subliñou Alicia Araujo, xestora de Paid Media de Redegal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?