Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Ciencia en Imaxe premia a foto dunha camelia mergullada na auga, da investigadora da USC Pilar Vázquez
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Ciencia en Imaxe premia a foto dunha camelia mergullada na auga, da investigadora da USC Pilar Vázquez

S. P.
Publicado: 14/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ragc_1_foto_tension_e_impacto.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e as facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC) convocaron o XI Concurso A Ciencia en Imaxe, certame que distingue fotografías divulgativas de calquera contido relacionado coas Ciencias. Diríxese á comunidade universitaria da Universidade de Santiago. Os premios desta edición entregáronse este xoves 14 de novembro na Aula Magna da facultade de Química durante o acto de celebración da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Ciencias.
ragc_2_foto_ominoedetodos.jpg A gañadora do primeiro premio, dotado con 200 euros, foi María del Pilar Vázquez Tato, investigadora e docente da facultade de Ciencias do Campus de Lugo, pola instantánea Tensión e impacto. María del Pilar explicou que “a tensión superficial é unha propiedade físico-química na que, debido ás forzas de atracción entre as moléculas dun líquido, a superficie compórtase como se estivese recuberta dunha fina membrana elástica que resiste forzas externas. É unha propiedade moi importante, xa que esclarece moitos dos comportamentos dos líquidos e xustifica, por exemplo, que algúns insectos poidan pousarse na auga sen se afundiren, como é o caso da cabra cega. Cando un obxecto ou materia -nesta fotografía unha flor de camelia- choca coa superficie da auga, a forza de impacto é capaz de romper esa película, o cal permite que o obxecto se mergulle”.
O segundo galardón, dotado con 100 euros, recaeu en Sabela Álvarez Matilla, estudante do grao en Bioquímica da facultade de Ciencias do Campus de Lugo, pola imaxe titulada O Miño é de todos. Amosa unha tea de araña sobre o río Miño.
O xurado, composto por un membro de cada unha das cinco facultades organizadoras, xunto a un membro da Real Academia Galega de Ciencias, valorou a orixinalidade das propostas presentadas ao certame. Tamén se tivo en conta a estética, a capacidade comunicativa, a calidade e a adecuación á temática do concurso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?