Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Miño presume de coworking na visita ás instalacións da deputada de Emprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Miño presume de coworking na visita ás instalacións da deputada de Emprego

S. P.
Publicado: 15/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

casa_pescador_coworking_mino.jpgA deputada de Emprego, Industria, Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosa Ana García, visitou este venres 15 de novembro a Casa do Pescador de Miño, o último espazo integrado na Rede Provincial de Espazos de Coworking da Deputación da Coruña, destinado a fomentar o desenvolvemento económico e empresarial no municipio.
Durante a súa estadía, a deputada puido coñecer de primeira man os recursos e servizos dispoñibles para emprendedores e emprendedoras da zona e destacou a que Rede conta xa con 11 centros de coworking na provincia, nos que se impulsan actualmente preto de 80 proxectos emprendedores.
A deputada foi recibida no Coworking Miño – Casa do Pescador polo concelleiro José Manuel Pantín, responsable da área de Deporte, Turismo, Promoción Económica e Mocidade do Concello de Miño, quen detallou o obxectivo deste centro impulsado polo Concello e que conta coa colaboración da entidade provincial: ofrecer unha contorna colaborativa para iniciativas emprendedoras e novas empresas. Pantín destacou a importancia do coworking para dinamizar a economía local e atraer a novos talentos, fomentando a innovación e o emprego xuvenil na contorna.
Segundo salientou o concelleiro, este espazo está deseñado para fomentar o desenvolvemento económico local e apoiar a creación de empresas, en especial nos ámbitos do turismo, novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, dixitalización e profesións técnicas.
O Coworking Casa do Pescador é un espazo de traballo compartido situado na rúa Curro nº 33, que ofrece unha ampla gama de servizos e infraestruturas comúns para “mellorar as oportunidades de crecemento e éxito empresarial das persoas usuarias”. Conta con 12 postos de traballo compartidos, salas de xuntas, aula de formación e zonas comúns como o vestíbulo, a zona de reprografía e os espazos de descanso. Os servizos dispoñibles inclúen asesoramento e formación para persoas emprendedoras, mentoring, organización de actividades de networking, ademais do acceso a Wi-Fi, servizos de reprografía e zonas para videoconferencias. Ademais, as persoas usuarias poderán colaborar a través dun “banco de tempo”, contribuíndo con actividades que beneficiaran a toda a comunidade do coworking.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?