Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo podcast de Aquí faltan páxinas reivindica a Urania Mella
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo podcast de Aquí faltan páxinas reivindica a Urania Mella

S. P.
Publicado: 15/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20241115_sandra_bastos_aqui_faltan_paxinas_urania_mella.jpgA sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acolleu un novo faladoiro do programa provincial de podcast Aquí faltan páxinas. Desta volta, a protagonista foi a pianista, educadora, defensora da paz e dos dereitos das mulleres Urania Mella unha muller “exemplar, adiantada ao seu tempo, defensora dos dereitos das mulleres e da paz e cun gran compromiso político, social e educativo”, como a definiu a deputada de Igualdade, Sandra Bastos, durante o acto.
O faladoiro correu a cargo de Iria Presa, filóloga, investigadora e promotora cultural, estudosa tanto da vida de Urania Mella como do seu pai, Ricardo Mella, que estivo presente desde México, onde reside. Ademais, durante o acto a artista Silvia Penas levou a cabo unha performance histórico-poética.
20241115_sandra_bastos_aqui_faltan_paxinas_urania_mella1.jpgA responsable provincial de Igualdade lembrou a historia de Urania Mella que, “como todas as mulleres deste ciclo, ben merece ocupar páxinas nos libros de historia”, unha historia “tráxica, de loita constante. Pero tamén un exemplo de vida e unha referencia para o movemento feminista asociacionista”, unha muller que, tras combater contra as tropas de Franco, foi enviada ao penal de Saturrarán e “faleceu con tan só 45 anos por mor dun tumor cerebral”.
Por iso, engadiu, “Urania tiña que formar parte desta segunda antoloxía de podcasts”, asegurou Bastos, “porque, precisamente, o noso obxectivo é contar historias apaixonantes como a súa; historias das que podemos sentirnos orgullosas e historias coas que visibilizamos o legado de grandes mulleres como Urania Mella, que ao igual que fixera o seu pai Ricardo Mella, non dubidou, entre outras cousas, en ensinar ás súas veciñas analfabetas a escribir”.
A traxectoria de Urania Mella, así como a das outras mulleres que forman parte da segunda colección do programa Aquí faltan páxinas, poderá consultarse nun podcast do que se poderá desfrutar tanto na web institucional como en iVoox e Spotify.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?