Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adamo ofrece no Black Friday liñas móbiles adicionais con GB ilimitados por 5 euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adamo ofrece no Black Friday liñas móbiles adicionais con GB ilimitados por 5 euros

S. P.
Publicado: 20/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mobil_adamo.jpgAdamo aprobou o que sería, en palabras da operadora, o Black Friday máis orixinal da súa historia. A promoción inclúe por unha banda a posibilidade de engadirmos liñas móbiles adicionais con GB ilimitados desde 5 euros ao noso paquete de telefonía e Internet denominada Caaalma Total. Amais, sorteará o equipamento de dous salóns por importe de 10.000 euros cada un. En total, 20.000 euros.
Sorteo para novos clientes
Adamo explica que as persoas que contraten ata o 18 de decembro participarán automaticamente no sorteo do equipamento dun salón de ata 40 metros cadrados. O gañador terá a oportunidade de poñelo ao seu gusto e coa axuda dun interiorista experto.
Sorteo tamén para os clientes actuais
Así mesmo, Adamo fará outro sorteo exclusivo para clientes actuais que participen ata o 2 de xaneiro no post correspondente de Instagram ou Facebook da empresa. O cliente será premiado co equipamento do seu salón de ata 40 metros cadrados nas mesmas condicións que o anterior, a gusto do afortunado e coa axuda dun interiorista experto.
Fibra de 400 Mb e móbil con 15 GB por 19 euros
Para quen “busca prezo económico e a tranquilidade de pagar só polo que necesita”, Adamo dispón da tarifa Caaalma, que, por 19 euros, inclúe fibra óptica de 400 Mb para casa e móbil con 15 GB de datos. Se quixeramos enriquecer o pack, por 10 euros máis podemos agregar unha das seguintes opcións:
-Móbil con GB ilimitados.
-Fibra de 1 GB para casa.
-Un router Wi-Fi 6 xunto cun amplificador para potenciar o sinal en cada recuncho da vivenda.
Fibra de 1 Gbps e móbil ilimitado por 39 euros
Finalmente Adamo lembra que “para aquelas persoas que queren a máxima velocidade, coa mellor cobertura e unha experiencia móbil ilimitada, a nosa empresa dálles tranquilidade a través da tarifa Caaalma Total, pensada en especial para as familias e que consta de fibra óptica de 1 Gbps e datos sen límite por 39 euros”. Tamén neste caso é posible agregar liñas adicionais con GB ilimitados por 5 euros ao mes. Este paquete xa leva o router Wi-Fi 6 e o amplificador de sinal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?