Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O concurso Youtubers Científicos da UVigo ábrese a estudantes de secundaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O concurso Youtubers Científicos da UVigo ábrese a estudantes de secundaria

S. P.
Publicado: 21/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_youtubers_cientificos_you2_1_.jpgA Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo convoca a cuarta edición do concurso de vídeos Youtubers Científicos, cuxo obxectivo é “identificar e apoiar os futuros creadores de contidos relacionados coa divulgación da I+D+i”. A través dun vídeo curto instrutivo, as persoas participantes deberán dar visibilidade ao seu traballo ou a outro tipo de contidos de interese científico ou tecnolóxico que consideren relevante para a sociedade. Como novidade nesta edición, á xa tradicional categoría para persoal investigador, engádese unha nova modalidade para alumnado da ESO e Bacharelato.
Esta iniciativa forma parte do plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
No que se refire á categoría para persoal investigador da UVigo, poderán presentarse vídeos divulgativos cunha duración máxima de dous minutos, en formato MP4 e gravado en horizontal. A organización explica que “as pezas deberán versar sobre algunha investigación, proxecto ou contido científico ou tecnolóxico, tanto en galego como en castelán e poderán empregarse toda clase de elementos que enriquezan a presentación do contido, ilustren ou axuden a captar a atención da audiencia”.
No que se refire á nova modalidade para alumnado de ESO e Bacharelato, deberán ser vídeos dun minuto que respondan á cuestión de por que a ciencia é relevante para a sociedade.
O prazo de presentación das propostas en ambas categorías abrirase entre o 13 de decembro e o 13 de xaneiro de 2025. Unha vez pechado o prazo, os vídeos recibidos subiranse á canle de YouTube da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo, para a súa difusión e valoración por parte do público. Os vídeos de cada categoría que teñan máis gústame partirán de 10 puntos na valoración por parte do xurado.
As pezas premiadas serán seleccionadas por un xurado formado por un mínimo de tres persoas expertas en diferentes áreas de coñecemento, unha delas especialista en comunicación, que valorarán a creatividade, os contidos e calidade técnica dos vídeos, ademais da valoración previa do público. Haberá un premio por categoría e ambos consistirán en cadanseu kit de produtos de iniciación para elaboración de vídeoblogs. A decisión do xurado, que se anunciará o 24 de xaneiro, atenderá a criterios relacionados co contido, a creatividade e a calidade técnica das pezas audiovisuais.
As propostas deben enviarse a ucc@uvigo.gal indicando no asunto “Participación no concurso de vídeos Youtubers científicos”. No corpo do correo será necesario indicar o nome e apelidos completos, DNI e un teléfono de contacto.

Iago Gordillo, de Recuncho Gamer
Iago Gordillo, de Recuncho Gamer
O persoal investigador da Universidade de Vigo poderá participar nunha formación previa os días 10 e 13 de decembro. Esta actividade servirá para coñecer as ferramentas, materiais, procesos e consellos para facer vídeos divulgativos accesibles e rigorosos para publicar en redes sociais como YouTube ou TikTok.
Na xornada do día 10, Iago Gordillo, creador de Recuncho Gamer, abordará os aspectos técnicos relacionados coa gravación, edición e publicación dos vídeos. Na segunda xornada, Ricardo Moure, divulgador científico, guionista e showman, levará a cabo unha clase maxistral sobre contidos divulgativos para redes. As prazas para esta formación son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición na ligazón específica habilitada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?