Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Eladio Santos reúnese cos alcaldes da comarca de Viana para a implantación de banda larga na zona
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Eladio Santos reúnese cos alcaldes da comarca de Viana para a implantación de banda larga na zona

S. P.
Publicado: 21/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

banda_larga_viana_goberno.jpgNo marco do Programa ÚNICO e o Plan PEBA-NGA do Goberno, reuníanse na mañá de onte, mércores 20 de novembro, o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, cos alcaldes da Gudiña, Néstor Ogando; A Veiga, Juan Anta; A Mezquita, Rafael Pérez; Viana do Bolo, Andrés Montesinos; e coa rexedora de Vilariño de Conso, Melisa Macía; a finalidade deste encontro era a implantación da banda larga na comarca de Viana. Engadir que nesta xuntanza tamén estivo presente o xefe provincial de Telecomunicacións, Enrique San Martín.
Indo aos proxectos en cuestión, sinalar que a meta de ambos é que o 100% da poboación conte con Internet de alta capacidade no 2025. Para iso, de 2018 a 2021, o Goberno mobilizou máis de 1.120 M€ dentro do Plan PEBA-NGA do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública, coa finalidade de lograr a introdución da banda larga de nova xeración. Asemade, destinou, desde a súa posta en marcha e ata 2023, 2.000 M€ dentro do Programa ÚNICO-Banda Larga do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa.
Cómpre engadir que estas propostas, financiadas con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, levaron Internet ultrarrápida a máis de 4 millóns de vivendas, conseguindo reducir de maneira significativa a brecha de conectividade entre o rural e o urbano.
Na reunión de onte falouse polo miúdo da evolución destes proxectos na nosa comunidade, concluíndo que entre 2022 e 2023, grazas ao Programa UNICO, máis de 174.000 vivenda galegas acadaron banda larga ultrarrápida. Todas elas pertencentes a zonas brancas, é dicir, aquelas contornas que teñen unha conexión menor aos 30 Mbs. Para conseguir este obxectivo foi precisa unha achega estatal de máis de 70 M€ para a nosa comunidade durante eses dous anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?