Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno presenta o Plan de Impulso de Espazos de Datos e anuncia unha ampliación de 300 millóns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno presenta o Plan de Impulso de Espazos de Datos e anuncia unha ampliación de 300 millóns

S. P.
Publicado: 21/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

plan_de_impulso_datos_goberno.jpgO ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, presentou o Plan de Impulso de Espazos de Datos, unha iniciativa que “agrupa todas as oportunidades que abre a nova economía do dato e que converxen coa perspectiva europea”, salientou, anunciando unha nova dotación económica, de 300 millóns, co que o Plan mobilizará un total de 500 millóns de euros para o impulso aos espazos de datos na industria.
O ministro indicou que “o obxectivo deste Plan é fomentar e acelerar a despregadura dos espazos de datos sectoriais en todos os sectores produtivos en España para que as empresas, e a economía en xeral, poidan beneficiarse do potencial do futuro mercado único de datos europeo, xerando novas oportunidades para a innovación e mellorando a competitividade”.
Engadiu que a creación de espazos de datos alcanzará a distintos sectores estratéxicos como o agroalimentario, o da mobilidade sostible, o sector saúde, o sector comercio e o sector turístico.
Este Plan actívase mediante 11 medidas contidas en seis eixos de acción e un esquema de gobernanza que se executará durante o período 2024-2026. Estará dotado cun orzamento total de 500 millóns de euros financiado mediante o investimento 1 do compoñente 12 (espazos de datos sectoriais) e o investimento 2 do compoñente 14 (espazo de datos do sector turismo), no marco do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia (PRTR) e o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR).
distribucion_iniciativas_plan_red.es_goberno.jpgDos seis eixos de acción ou liñas de actuación, tres deles son estratéxicos: promotores, empresas e a industria tecnolóxica. Estes compleméntanse con outros tres eixos transversais, que son os “habilitadores”, o dato público, e a promoción e divulgación.
O ministro dixo que algunhas das iniciativas que contén o Plan “xa están en marcha”, como as relativas ao impulso dos espazos de datos no sector turístico ou a convocatoria de Espazos de Datos Sectoriais a través da cal están a mobilizarse 80M de euros para 90 proxectos innovadores como a compartición de datos clínicos entre hospitais para mellorar o diagnóstico e a detección temperá de doenzas ou a optimización dos datos de empresas de transporte nas cidades para mellorar a oferta de mobilidade.
Ademais, o ministro anunciou que antes de final de ano abriranse dúas novas convocatorias de Espazos de Datos, unha para casos de uso e outra para produtos e servizos vinculados aos espazos de datos, cun orzamento superior aos 100 millóns de euros en total.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?