Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Distinguidas en Santiago as empresas Alén Space e Neutron Insights e o grupo Biofarma
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Distinguidas en Santiago as empresas Alén Space e Neutron Insights e o grupo Biofarma

S. P.
Publicado: 21/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

foto_acto_premios_gciencia.jpgO grupo BioFarma e as empresas Alén Space e Neutron Insights recibiron este 21 de novembro, no Pazo de San Roque de Santiago, os galardóns da VIII edición dos Premios GCiencia Galicia Spin-Off, que distingue cada anos ás empresas e grupos de investigación galegos máis innovadores. Ao evento asistiron entre outras/os o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, o concelleiro de Economía e Facenda do Concello de Santiago, Manuel César Vila, e a vicerreitora da Uvigo, Mónica Valderrama.
O conselleiro destacou a “calidade do traballo dos premiados nesta edición” e lembrou que detrás de todos os avances da humanidade está o coñecemento como o que representan os galardoados por este tipo de galardóns. “Atopámonos nun momento clave en moitos terreos como o da Intelixencia Artificial e a Biotecnoloxía e somos nós os que temos que decidir se nos subimos a ese tren ou non”, engadiu.
Mabel Loza, coordinadora do Grupo BioFarma, foi a encargada de recoller o galardón ao mellor Grupo de Investigación, acompañada pola catedrática emérita e fundadora do grupo, Maribel Cadavid. BioFarma conta cunha traxectoria de case dúas décadas nas que participou na investigación de 15 novas entidades químicas, que chegaron a ensaios clínicos. O xurado valorou especialmente o feito de tratarse dun grupo dirixido por unha muller
O premio Selo de Calidade á empresa cunha traxectoria máis destacada no eido da innovación foi para Alén Space, spin-off de tecnoloxías aeronáuticas avanzadas xurdida na Uvigo. O xurado valorou especialmente “a traxectoria de máis de 15 anos de Alén Space xunto ao Grupo Aeroespacial da Uvigo, que a levou a contar cun importante mercado internacional no campo dos satélites de pequeno tamaño”. Un dos seus fundadores, Aarón Nercellas recolleu o galardón e explicou na súa intervención que a empresa “tivo un crecemento moi importante nos últimos anos e pasou de contar con apenas sete empregados a máis de 80 na actualidade”.
Finalmente, na categoría de Idea Emerxente tamén foi premiada a empresa spin-off da USC Neutron Insights. Trátase dunha compañía nova que está a desenvolver unha tecnoloxía innovadora —o uso de neutróns— para superar as limitación das radiografías convencionais no terreo industrial, co obxectivo de producir un novo dispositivo capaz de penetrar en materiais densos. Pablo Cabanelas, co-fundador da compañía, animou aos investigadores universitarios a non ter medo a saír do mundo académico e poñer en marcha proxectos empresariais que fagan realidade as súas ideas.
A directora xeral de Unirisco, Inmaculada Rodríguez, unha das entidades patrocinadoras do certame, agradeceu o traballo na sombra que realizan moitos investigadores e destacou a vontade da súa entidade de axudar as empresas innovadoras a desenvolver os seus proxectos e xerar emprego de calidade.
Os premios entregados consisten nunhas pezas artesanais deseñadas en exclusiva polo artista coñecido como Sátrapa, residente en Santiago. O aspecto innovador das pezas reflexa perfectamente o espíritu destes galardóns que xa cumpriron oito edicións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?