Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Arquivo Municipal de Lugo estrea nova web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Arquivo Municipal de Lugo estrea nova web

S. P.
Publicado: 21/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

arquivo_municipal_de_lugo_nova_web.jpgO Arquivo Municipal de Lugo estrou nova web esta mesma semana, un recurso para “facilitar á cidadanía un acceso máis áxil e eficiente a este servizo”, segundo explicou a alcaldesa Paula Alvarellos, engadindo que a páxina é o resultado do traballo levado a cabo polo obradoiro dual de emprego ArquivaLugo, que “puxemos en marcha dende a área de Dinamización Económica do Concello”. Podemos ver o novo sitio en arquivomunicipaldelugo.gal.
No obradoiro, que chegará ao seu remate este venres (logo de 12 meses), matriculáronse 20 alumnos, de entre 25 e 61 anos. Conta con tres especialidades formativas: Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos; Confección e publicación de páxinas web; e Deseño de produtos gráficos.
A rexedora agradeceu o traballo desenvolvido ao longo do último ano polo persoal docente e alumnado que supuxo recuperar dixitalmente 91 libros de Actas Consistoriais comprendidos entre a segunda metade do século XVIII e segunda metade do século XIX e máis de 69.363 imaxes. Neste senso, Alvarellos subliñou que “os labores efectuados polos tres módulos suporán un antes e un despois non só para o funcionamento do Servizo de Arquivo como parte integrante da institución municipal senón tamén para o Arquivo como gardián do patrimonio documental lucense, como institución da memoria que é”.
arquivo_municipal_de_lugo_nova_web_2.jpgDeste xeito, a nova páxina web, que integra un folleto informativo, permitirá achegar o Arquivo á cidadanía, facéndoo máis accesible e próximo. “Así, cómpre destacar o papel fundamental da dixitalización das Actas Consistoriais, unha das fontes documentais máis consultadas polos investigadores e documentación fundamental de calquera arquivo municipal, e que pasarán a estar accesibles dende a nova web xunto coa colección fotográfica Delgado Guisasola, enormemente demandada e que está formada por máis de 2.500 imaxes que retratan o Lugo da primeira metade do século pasado” explicou.
Así mesmo, tamén se levou a cabo a dixitalización de licenzas de obra de 1951 a 1954, “o que permitirá ofrecer un servizo máis áxil e eficiente a usuarios internos e externos e preservar correctamente a documentación orixinal, evitando a súa manipulación”, explicou a rexedora, engadindo que “estes traballos supuxeron a dixitalización de máis de 900 expedientes de licenzas de obra maior deste período que abranguen un total de 14.061 novas imaxes e que veñen a completar o traballo desenvolto por outros obradoiros de emprego”.
A todo o devandito cumpriría engadir a creación dun rueiro interactivo, “petición constante dos usarios do Arquivo dende hai tempo e que axuda, xunto con todo o demais, a conformar unha nova ventá aberta do Concello cara a veciñanza, unha ventá aberta á súa propia historia e á memoria colectiva que compartimos como pobo de Lugo”, concluíu Alvarellos.
Pola súa banda, o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, engadiu que “con esta capacitación contribuímos a enxalzar o noso patrimonio histórico, neste caso o documental, especialmente tendo en conta o pasado de nosa cidade, e que en moitas ocasións é difícil difundir. Ademais, buscamos mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas, a través da súa cualificación, en alternancia coa adquisición de experiencia laboral ao tempo que favorecemos a preservación da nosa historia”, explicou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?