Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A quinta edición de Galetiktokers 2024 entregou os seus premios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A quinta edición de Galetiktokers 2024 entregou os seus premios

S. P.
Publicado: 25/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ames_galetiktokers_portada.jpgFomentar a creación de vídeos en galego con novos formatos e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers é o obxectivo da quinta edición do certame Galetiktokers, organizado polos departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Ames. Deste xeito, o pasado sábado celebrábase a gala para entregar os galardóns aos premiados, o acto levouse a cabo na Casa da Cultura do Milladoiro e estivo presentada e dirixida polos creadores de contido en galego, Nuria Grandío e Rodri Míguez, e amenizado polo rapeiro amesán Big Meu.
Indo ao palmarés: Punheta, Galibrownie, Mil e un instrumentos, As princesas tamén falan galego, Ven falar galego e Fitness da nosa terra son os vídeos gañadores do Galetiktokers 2024.
No evento estiveron presentes: o alcalde de Ames e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, a concelleira de Mocidade, Carmen Porto, e concelleiros do Goberno municipal, así como concelleiros dos grupos municipais do Partido Popular e do BNG.
Entre as 39 pezas audiovisuais, presentadas por arredor de 80 mozos participantes de Ames e doutras localidades de Galicia, repartíronse seis premios de 300 euros, que suman un total de 1.800 euros. Na primeira categoría (mozas e mozos de 13 a 17 anos) presentáronse 10 vídeos, mentres na segunda categoría (mozas e mozos de 18 a 35 anos) houbo 29 vídeos admitidos. Nesta edición participou alumnado de centros de ensino de Bertamiráns, Lugo e Vilagarcía de Arousa, entre outras localidades.
Nesta quinta edición o xurado estivo composto polos creadores de contido en redes Nuria Grandío López e Rodrigo Míguez Novoa xunto coa especialista en comunicación audiovisual Noelia Francisco Lens. En representación do Concello de Ames, actuou como secretaria a técnica de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras Cuñarro.
Na primeira categoría (mozos de 13 a 17 anos) acordouse por unanimidade outorgarlle un premio de 300 euros a peza Punheta, de Luna Gouvea Diz, Paula Rubianes Miguéns, Irene Abad Señoráns e Xulia Leiro Silva. Dentro desta mesma categoría tamén foi premiada con outros 300 euros a peza Galibrownie, de Lara Bazarra Souto, Candela Calo Romero e Alejandra Fernández Capelo.
Na segunda categoría (mozos de 18 a 35 anos) acordouse, tamén por unanimidade, premiar con 300 euros á peza Mil e un instrumentos, de Miguel Barbazán Lesta. Nesta mesma categoría tamén foi galardoado cun premio de 300 euros o vídeo As princesas tamén falan galego, de Antía López Castro.
Engadir que os outros dous premios, escollidos polo público a través do Instagram de Xuventude Ames, foron para a peza Ven falar galego, con 563 votos, e Fitness da nosa terra, con 349 votos. Estas dúas creacións foron premiadas con 300 euros cada unha. Ven falar galego foi elaborado por Sara Briones de la Barrera, Antía Paz Varela, Paula González Sabugueiro e Lucía Rubianes Miguéns. Por outra banda, os creadores de Fitness da nosa terra foron Diego Vázquez Feijoo e Mario Domínguez Rodríguez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?