Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bruxelas distingue a ferramenta EMi, dispoñible en 54 oficinas de emprego de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bruxelas distingue a ferramenta EMi, dispoñible en 54 oficinas de emprego de Galicia

S. P.
Publicado: 25/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

emi_emprego_xunta.jpgO conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, recollerá este xoves 28 en Bruxelas o premio que outorga Observatorio de Vixilancia Tecnolóxica do Sector Público da Comisión Europea á Xunta de Galicia polo desenvolvemento a ferramenta EMi, que está dispoñible nas 54 oficinas de emprego da nosa terra.
Este software enmárcase na “modernización e mellora da eficacia” que está levando a cabo o Goberno galego no Servizo Público de Emprego de Galicia e ten a vantaxe de “casar oferta e demanda laboral co apoio da Intelixencia Artificial para, en última instancia, optimizar as oportunidades laborais da cidadanía e a competitividade do tecido empresarial”, destacou a Consellería, salientando que o dito recoñecemento é unha mención especial dentro dos premios aos mellores casos que concede esta entidade no marco da Asemblea GovTech Connect: Aproveitando a innovación en Europa para os servizos públicos do mañá. Trátase dunha iniciativa que recoñece ás administracións públicas e aos seus socios tecnolóxicos o uso innovador das tecnoloxías emerxentes, como a IA e a cadea de bloques (blockchain) dentro das institucións en Europa.
Esta mención especial é a maiores das dúas categorías coas que conta o certame, unha na que se premia a mellor solución a nivel de eficiencia dentro das administracións públicas e outra na que se recoñece a mellor solución no ámbito dos servizos prestados aos cidadáns. Nesta edición, presentáronse un total de 32 casos, dos cales 14 foron preseleccionados tras unha avaliación previa. Deste xeito, dáse visibilidade ás boas prácticas do uso das novas tecnoloxías no sector público.
No caso de Galicia,o software EMi está como dixemos dispoñible nas 54 Oficinas de Emprego de Galicia. A súa función principal é o perfilado competencial, coa finalidade de facilitar aos orientadores laborais a toma de decisións para aumentar a empregabilidade dos galegos e galegas, contribuír á cobertura de vacantes laborais e a incrementar a competitividade do tecido empresarial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?