Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo propón redes seguras para as mulleres e libres de agresións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo propón redes seguras para as mulleres e libres de agresións

S. P.
Publicado: 25/11/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

uvigo_25n5.jpgA UVigo celebrou este 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres máis, poñendo o foco nas agresións físicas e presenciais, pero tamén no ámbito dixital. A institución lembrou como as novas tecnoloxías “están amplificando o uso dos corpos das mulleres como obxectos e mercadoría”.
O acto institucional co gallo do 25N da UVigo tivo lugar este luns na Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense e consistiu na celebración da xornada Dixitalización do sistema prostitucional: transformación e deslocalización. A actividade estivo organizada polo Grupo de investigación Saúde, Sexualidade e Xénero (PT1) e a Unidade de Igualdade contando con financiamento da Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e a Xunta de Galicia. Na súa inauguración, Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, lembrou que “a bandeira da igualdade leva moitos anos levantada na UVigo” co obxectivo de contribuír a crear unha “sociedade máis xusta, máis san e máis feliz na que todos teñamos en igualdade as mesmas oportunidades para desenvolver as nosas carreiras e as nosas vidas sen medo”.
Roberto Barba, director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, destacou a importancia de sensibilizar e concienciar, e de xeito especial á mocidade, de que “a violencia está entre nós e que todos temos responsabilidades na loita contra ela”. Sobre a temática da xornada, o responsable institucional puxo o aceno nas repercusións que ten “primeiro a invisibilización e logo a normalización” da prostitución no mundo dixital que, sinalou, está provocando que, entre outras cousas, baixe a idade das persoas que a exercen.
Na apertura da xornada, á que asistiron os vicerreitores Francisco Javier Rodríguez, Susana Reboreda e Maribel del Pozo e a secretaria xeral da UVigo María José Bravo, Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade, salientou que “a temática que quixemos abordar neste 25 N é a dixitalización do sistema prostitucional”, recalcando que “a prostitución é tamén unha forma de violencia contra as mulleres”. Pola súa banda, Isabel Mociño, decana da Facultade de Educación e Traballo Social, reivindicou “a educación pola igualdade para seguir avanzando” na loita contra a violencia de xénero e no camiño pola igualdade real e lembrou o compromiso do seu centro coa erradicación de calquera violencia contra as mulleres e nenas. “Non queremos nin podemos mirar para outro lado”, dixo.
A xornada tivo como responsables académicas a María Lameiras e Yolanda Rodríguez. Na apertura, a primeira indicou que “o 25 non é un día para celebrar, senón para reivindicar que a violencia de xénero non só é unha realidade que levamos arrastrando desde fai moitas décadas e séculos senón que é unha realidade que se está exponenciando a través das novas tecnoloxías, que non só incrementan o tipo de violencia senón que incrementan a cantidade de violencia que sofren as mulleres e nenas”. Así, denunciou como “as novas tecnoloxías o que fan é deslocalizar e diversificar as formas nas que as nenas e mulleres son violentadas e temos que intervir de maneira específica fronte a estes novos retos”. Tamén sinalou que na loita contra a violencia sexual e de xénero “non hai escusas”, lembrando que cada dez minutos se asasina a unha muller no mundo a mans da súa parella ou ex-parella.
A programación arrancou cunha conferencia sobre a explotación sexual das mulleres no universo dixital, a cargo de Ana de Miguel, profesora titular de Filosofía Moral e Política na Universidad Rey Juan Carlos e na UNED. A convidada explicou que é “un feito verdadeiramente grave que o mundo virtual, o mundo dixital, que xurdiu coa promesa de que ía favorecer a democracia, a igualdade, etc, en grande medida tense convertido nun mundo que o que fai é facilitar enormemente a trata de mulleres e nenas para a explotación sexual”. Fronte a esta realidade, a relatora sinalou que “ás redes hai que pórlles límites”. Nestes senso indicou que “é unha vergoña que o estado non estea protexendo aos seus cidadáns” e pediulle aos gobernos “menos servidume con estas multinacionais da comunicación, da Intelixencia Artificial, etc. que se están forrando”. A filósofa experta en feminismo puxo o aceno na “pornografía brutal” que hai nas redes e como o que alí se publica “queda para sempre”, co que iso significa para as vítimas.
A esta conferencia seguiulle outra sobre a pornificación da cultura no universo dixital, con Isabel Menéndez (Universidad de Burgos) e a presentación do libro La industria pornográfica en Internet, coordinado por Lluís Ballester e Sandra Sedano e no que participaron membros do Grupo de investigación Saúde, Sexualidade e Xénero da UVigo. Completou a programación os relatorios Puteros: Homes, masculinidades e prostitución, de Beatriz Ranea (Universidad Complutense de Madrid) e Pornografía e prostitución dixital, de Luis Ballester (Universitat de les Illes Balears).
Máis programación o día 27
A programación continuará o día 27, cunha conferencia sobre a ficción do consentimento sexual, de Rosa Cobo (Universidade da Coruña e presidenta da Rede Académica Internacional de Estudos sobre Prostitución e Pornografía) e a inauguración da exposición Compartir es vivir/sharing is living. Compromiso- educación-transformación. Tamén haberá unha mesa redonda sobre o negocio do sexo nos novos espazos dixitais: Onlyfans e Sugar Daddy, na que participarán a Federación de Mulleres Xóvenes e a Asociación Faraxa. Completa esta sesión a conferencia O ser e a mercancía no universo dixital, da xornalista, escritora e activista Kajsa Ekis Ekman, e a entrega de premios do concurso de vídeos Desconecta: tolerancia cero contra a violencia sexual cara as mulleres e as nenas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?