Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ribeira reforza a súa formación adulta e infantil para este Nadal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ribeira reforza a súa formación adulta e infantil para este Nadal

S. P.
Publicado: 26/11/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

cemit_ribeira_nadal.jpgFrancisco Suárez-Puerta, segundo tenente de alcalde de Ribeira e concelleiro de Novas Tecnoloxías presentou este martes 26 de novembro os cursos da Aula CeMIT local para esta tempada de Nadal, un novo programa formativo que se centra en parte na poboación adulta do concello e en achegar aos cidadáns as ferramentas para desenvolverse coa tecnoloxía nas súas viaxes e o seu tempo de lecer e, tamén, nas súas primeiras creacións botando man das aplicacións básicas de deseño gráfico. Por outra banda, baixo o título Nadal Tecnolóxico a Aula CeMIT brinda á mocidade cursos de manexo de drons, impresión en 3D, edición de vídeo e Realidade Virtual.
Cursos de decembro para adultos
ribeira_cemit_curso_decembro_adultos.jpg -Aprende a usar a tecnoloxía para sacarlle partido ás túas viaxes. Do luns día 2 ao xoves día 5 (4 días), de 10.00 a 11.30 h. (6 horas en total). Trátase dun curso orientado a persoas xubiladas. O obxectivo é que aprendan a xestionar as súas viaxes de maneira suficiente e independente. Ensinaráselles como buscar e reservar medios de transporte (avión, tren, autobuses…), como usar Google Maps (saber chegar sen problema e coñecendo as mellores rutas a onde queiran cando estean de viaxe: museos, teatros…, así como saber medir a distancia e o tempo que lles leva chegar de un lugar a outro), como empregar os tradutores (tanto escritos como de voz), como configurar as conexións ás redes Wi-Fi e xestionar o uso de datos e como tirar proveito da ferramenta Google Lens (usos infinitos e moi útiles dese servizo gratuíto de Google). Porase o foco tamén no WhatsApp (enviar fotos e vídeos á familia; facer videochamadas, enviar unha localización), nos axustes da cámara de fotos e da cámara de vídeo (resolución, flash, facer fotos panorámicas) e nos detalles e funcionalidades da web do IMSERSO (ofertas, prazos de inscrición, e tódolos servizos que ofrece).
–Obradoiro de deseño de tarxetas de Nadal para o concurso do Cartel Cabalgata Adultos. Do martes día 10 ao xoves día 12 (3 días), de 10.00 a 11.30 h. (4 horas e media en total). Botarase man da ferramenta Canva para aprender a facer deseños desde cero, e tamén a utilizar e modificar os modelos previos xa deseñados que ofrece o programa. O obxectivo é conseguir que as persoas participantes participen nun concurso pensado para adultos, coa finalidade de deseñaren un cartel para a Cabalgata de Reis 2025, tendo como premio que o traballo seleccionado saia exposto en folletos e carteis este Nadal. O luns 23 elixirase o deseño gañador.
Nadal Tecnolóxico
nadal_tecnoloxico_ribeira_cemit.jpg Do luns 23 de decembro ao venres 03 de xaneiro (agás os días 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro). De 09.30 a 11.00 h. Nenos de 7 a 10 anos.
Luns, 23. Manexo de Drons (Na Aula CeMIT). Coñeceranse os drons: guía inicial de iniciación e e uso para aprender sobre os coidados e o manexo con seguridade.
Xoves 26 e venres 27. Manexo de Drons (no Complexo Deportivo da Fieiteira). Prácticas con drons en circuítos moi divertidos nunha ampla sala do Polideportivo A Fieiteira.
Luns 30. Exhibición do manexo de drons (Na Fieiteira), para que poidan vir os familiares dos nenos apuntados ao curso e ver os coñecementos adquiridos sobre pilotaxe de drons.
Xoves 2 e venres 3 de xaneiro. Impresión 3D. O curso introducirá ós nenos en conceptos básicos da impresión 3D, adquirindo os coñecementos básicos para descargar deseños de librerías online e preparalos mediante software para a súa impresión.
Luns 23. De 11.00 a 13.00 h. (2 horas en total). Xornada de portas abertas no Auditorio de Ribeira para que rapaces de entre 10 a 15 anos coñezan o funcionamento das lentes 3D da Aula CeMIT e se acheguen á aventura da Realidade Virtual.
Xoves 26 de decembro ao venres 03 de xaneiro (agás os días 31 de decembro e 1 de xaneiro)
Xoves 26, venres 27 e luns 30. Edición de vídeo con Powtoon (4 horas e media en total). Powtoon é unha ferramenta para facer presentacións e vídeos animados de forma divertida e intuitiva pero con resultados profesionais, nas que se poden engadir debuxos, imaxes, sons, vídeos e texto. É moi útil para captar a atención do público e para desenvolver a explicación dalgún concepto.
Xoves 2 e venres 3 de xaneiro. Realidade Virtual – Gafas 3D (3 horas en total). Obradoiro deseñado para que os rapaces de entre 11 e 15 anos se adentren no mundo da RV e coñezan o funcionamento das lentes 3D das que dispón o centro. O obxectivo é que experimenten emocións e sensacións novas e saiban que non só poden utilizalas para divertirse, senón tamén para aprender: ver vídeos, viaxar e coñecer sitios, asistir a concertos, facer deporte, coidar dunha mascota virtual, aprender idiomas… Abordarase tamén a cuestión da IA, amosando ás rapazas e rapaces participantes as mellores aplicacións móbiles e usos educativos e demais usos intelixentes e positivos.
Suarez-Puerta recordou que tódolos cursos e obradoiros son de balde e tamén indicou que os cursos que se están presentando son os máis demandados pola veciñanza.
Para formalizar as inscricións as persoas interesadas deberán chamar ao 981 87 60 43 ou enviar un correo a cemit.ribeira@xunta.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?