Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector TIC galego felicita a Senén Barro polo premio Galego do Ano 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector TIC galego felicita a Senén Barro polo premio Galego do Ano 2024

S. P.
Publicado: 27/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

senen_barro_citius_usc.jpgO director científico do Centro Singular de Investigación en Tecnologías Inteligentes (CiTIUS) e catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Senén Barro, vén de ser distinguido co premio Galego do Ano 2024 na categoría de Ciencia e Investigación, que outorga El Correo Gallego con carácter anual. Este galardón, que recollerá este xoves 28 nunha gala que terá lugar na Cidade da Cultura, recoñece o seu liderado no eido da investigación e transferencia de coñecemento en intelixencia artificial desde o CiTIUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Entre as entidades que xa felicitaron ao director do CiTIUS por este importante recoñecemento atópase o Clúster TIC Galicia, que, a través do seu presidente, Antonio Rodríguez del Corral, sinalou que “Senén Barro é un precursor da aplicación da Intelixencia Artificial a diferentes eidos antes da irrupción desta tecnoloxía na sociedade. Este premio é un recoñecemento á súa aposta pola IA cando aínda non estaba no foco mediático, pero tamén un aliciente para que as novas xeracións aposten polo sector TIC como motor de transformación social”.
Divulgación científica
Senén Barro comezou a súa carreira académica coa defensa dunha tese doutoral no ano 1988 na que creou o primeiro sistema de monitoraxe de pacientes en UCI que empregaba IA. O ex-reitor da USC (2002-2010) e doutor en Física é ademais un gran impulsor da divulgación científica na sociedade para achegar a actividade investigadora ao alumnado, promovendo así a atracción de talento.
O CiTIUS dá a coñecer o seu traballo a través de diferentes eventos, como por exemplo na iniciativa Ciencia Singular, cuxa nova edición celebrouse o 23 de novembro, con visitas ás instalacións do centro, charlas, obradoiros e experimentos. Ademais, o catedrático organizou a prestixiosa European Conference on Artificial Intelligence (ECAI) do 19 ao 24 de outubro en Santiago de Compostela no seu 50 aniversario, logrando posicionar Galicia como capital mundial da IA.
Senén Barro é un dos cinco galardoados como Galegos do Ano 2024 xunto ao chef Javier Olleros, na categoría de Economía e Emprendemento; a médica e triatleta Susana Rodríguez, en Cultura e Deportes; a poeta Chus Pato, Premio Nacional de Poesía 2024, en Artes e Comunicación, e a farmacéutica e investigadora María Jesús Lamas, directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, na categoría de Política e Sociedade.
Estes premios outórganse desde hai 32 anos dende El Correo Gallego “a quen destaca no desempeño dos seus labores profesionais e contribúen a proxectar o empuxe de Galicia dentro e fóra da comunidade autónoma”, segundo apuntan dende o xornal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?