Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña pon en valor os seus tesouros ambientais con dúas guías dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña pon en valor os seus tesouros ambientais con dúas guías dixitais

S. P.
Publicado: 27/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

coruna_medio_ambiente_guias.jpgO Concello da Coruña elaborou e publicou dúas guías dixitais para divulgar e poñer en valor a riqueza ambiental do litoral da cidade e “sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da súa protección”. O Goberno local informou que a iniciativa vai na liña doutras actuacións en marcha como a creación do miradoiro e a recuperación do estanque no Monte de San Pedro, con sinalética e paneis informativos sobre a contorna natural.
As guías, feitas coa colaboración de expertos en divulgación ambiental, estarán a disposición dos usuarios a través de códigos QR colocados nos carteis de sinalización de puntos de interese da costa da cidade e tamén se pode acceder a eles directamente na web municipal.
“É obriga da Administración local non só protexer a contorna natural da nosa cidade e a súa biodiversidade senón tamén sensibilizar á cidadanía sobre a importancia dese respecto e ese coidado”, sinalou a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, explicando que ao abeiro deste proxecto elaboráronse dúas guías: unha para adultos e outra dirixida ao público infantil. Os contidos organízanse ao redor das catro estaciones do ano. Deste xeito, nun paseo polo litoral poderase obter información sobre as especies de fauna e flora que se poden observar nese momento do ano. Tamén pode accederse á guía completa.
Tanto as guías destinadas a un público xeral como as guías específicas de público infantil publicáronse en catro idiomas: castelán, galego, inglés e portugués. Ademais, as guías tamén estarán dispoñibles en formato audioguía nos catro idiomas.
As redacción das guías financiouse con cargo aos fondos europeos Next Generation dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e no marco dun proxecto máis amplo de embelecemento do litoral urbano que incluíu a rehabilitación do Miradoiro de San Amaro e actuacións no Monte de San Pedro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?