Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fina Paulos, Óscar Rey e Medulia Editorial lanzan un libro en galego que nos achega á realidade da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fina Paulos, Óscar Rey e Medulia Editorial lanzan un libro en galego que nos achega á realidade da IA

S. P.
Publicado: 28/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ia_para_a_sociedade_medulia.jpgO selo Medulia Editorial vén de enriquecer o panorama de publicacións en galego centradas no eido tecnolóxico co libro Intelixencia Artificial para a sociedade, unha obra pioneira que abre as portas do mundo da IA á cidadanía galega, escrito integramente en galego por Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo.
O seu obxectivo é “democratizar o acceso ao coñecemento sobre unha das tecnoloxías máis revolucionarias do noso tempo”, segundo adiantan Fina e Óscar, profesionais cunha ampla experiencia en innovación educativa e no uso ético das ferramentas con capacidade de avaliar informacións inxentes, comunicarse, aprender e tomar decisións.
Ao longo dos anos, participaron en proxectos destinados a fomentar o impacto positivo da IA na sociedade, promovendo valores como a igualdade, o respecto pola diversidade e a ética no manexo destas ferramentas. Inspirados pola necesidade de achegar a IA a todas as persoas, os autores estruturaron o libro para “guiar o lector dende conceptos básicos ata aplicacións prácticas, sempre cun enfoque accesible e motivador”, e complementándoo cunha profunda reflexión sobre os desafíos éticos, sociais e legais que esta tecnoloxía implica.
O libro combina capítulos teóricos que explican a evolución e as aplicacións da IA con actividades prácticas que permiten ao lector experimentar coas súas posibilidades.
Inclúe temas como: ética e responsabilidade na IA; a IA xerativa de texto, imaxes, son e chatbots; e a aplicacións da IA na educación, sanidade, medio ambiente. Os autores indican que “esta obra xurde dende o ámbito educativo, por iso Intelixencia Artificial para a sociedade “é unha ferramenta útil para o profesorado e alumnado que desexe incorporar estas tecnoloxías nas súas aulas”, indican, salientando que se trata “dunha guía práctica para profesionais de diversos sectores e calquera persoa interesada en iniciarse na IA para o seu uso cotián”.
Un proxecto pioneiro en galego grazas a Medulia Editorial
Como dixemos a obra vén da man de Medulia, que reafirma con este lanzamento o seu compromiso coa promoción da lingua galega e a difusión de coñecemento de calidade. “Desde a coidadosa edición ata o deseño e ilustracións, o libro reflicte unha aposta pola innovación e pola identidade cultural galega”, explican dende o selo editorial galego, engadindo que “Intelixencia Artificial para a sociedade nace coa intención de apoderar á cidadanía galega para afrontar os retos e oportunidades que esta tecnoloxía implica”.
O libro xa está dispoñible nas principais librarías de Galicia e na web de Medulia Editorial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?