Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo e o centro Leartiker crean TICs-Bonito, para unha pesca do bonito máis sustentable… e tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo e o centro Leartiker crean TICs-Bonito, para unha pesca do bonito máis sustentable… e tecnolóxica

S. P.
Publicado: 29/11/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ticsbonito2.jpgCo obxectivo de traballar a prol da innovación tecnolóxica na pesca do bonito e dos túnidos e facelo mediante artes de pesca sostibles e respectuosas coa propia especie e co medio ambiente en xeral nace o proxecto Tics-Bonito, Tecnoloxías intelixentes para a pesca sustentable do bonito. Detrás desta idea atopamos ao centro tecnolóxico vasco Leartiker e ao grupo de investigación de Enxeñaría Eficiente e Dixital, En.Edi, da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, sendo Leartiker o líder do proxecto.
Tics-Bonito desenvólvese coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, e cofinánciase pola Unión Europea polo FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura).
Indo á iniciativa, dicir que se atopa inserida no programa Pleamar, impulsado pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura. Co propósito de fomentar a sustentabilidade nos sectores pesqueiro e acuícola mediante a innovación e a protección ambiental, o programa divídese en varios eixos e o proxecto Tics-Bonito centra os seus esforzos no primeiro deles: desenvolver ou introducir novos coñecementos técnicos, científicos ou organizativos nas actividades pesqueiras para reducir ou eliminar os seus efectos negativos sobre o medio ambiente (Eixo 1: Interaccións e impactos. Diminución do efecto da pesca sobre o medio mariño).
Emporiso, o obxectivo principal de Tics-Bonito é apoiar ao sector de pesca de bonito e túnidos no desenvolvemento de propostas arredor das técnicas de pesca costeiras e de altura. No caso da pesca de altura, traballarase na biodegradabilidade dos Dispositivos de Concentración de Peixes (DCP), elementos que poden ter un impacto negativo no medio mariño por mor dos materiais plásticos duradeiros que os compoñen. Neste caso, trataranse de desenvolver dispositivos baseados en materiais non enmallantes e biodegradables, que sexan modulables e sensorizados.
En canto á arte de pesca costeira, o proxecto propón estudar as técnicas empregadas arestora nas súas modalidades de cana con cebo vivo e con carrete ou de cacea, para propoñer axudas automatizadas e solucións dixitais que apoien e complementen a metodoloxía actual dos pescadores en cuberta, facendo máis doada a monitoraxe daqueles parámetros que se consideren relevantes.
ticsbonito3.jpgAsí, para acadar este fin, os responsables do proxecto consideran fundamental a colaboración con representantes do sector pesqueiro, para que trasladen a súa experiencia e necesidades de cara á definición dos requisitos técnicos do proxecto, asegurando así que as solucións tecnolóxicas propostas se axustan á súa realidade e xeito de traballar. Neste senso, xa se levaron a cabo diferentes reunións con confrarías, armadores e desenvolvedores de maquinaria de abordo para coñecer a realidade do sector.
Tics-Bonito quere ademais asegurar que os resultados que se vaian obtendo no proxecto cheguen á comunidade científica, aos usuarios finais e á sociedade en xeral. Por iso, os responsables difundirán o proxecto mediante publicacións en revistas científicas e presentacións en eventos, así como na creación de material divulgativo.
A xeito informativo, Leartiker é un centro tecnolóxico especializado en materiais poliméricos e tecnoloxías avanzadas, mentres que o grupo da Universidade de Vigo achega a súa experiencia en enxeñaría de automatización, dixitalización e robótica. No caso do proxecto Tics-Bonito, Leartiker encargarase do desenvolvemento de materiais biodegradables, o deseño do DCP e a coordinación do proxecto. Mentres, o grupo En.Edi será quen leve a responsabilidade do desenvolvemento das actuacións en automatización e dixitalización.
A finais de outubro levouse a cabo a primeira reunión presencial, coa presenza do responsable do proxecto por parte do grupo da Universidade de Vigo, Julio Garrido, nas instalacións de Leartiker. A seguinte xuntanza está planificada para febreiro en Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?