Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AGADIC apoiará rodaxes, producións, festivais, proxectos e videoxogos con máis de 5 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AGADIC apoiará rodaxes, producións, festivais, proxectos e videoxogos con máis de 5 millóns de euros

S. P.
Publicado: 29/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

agadic_gdixmiywyaaetgd.jpgO Goberno galego anunciou que vai investir no próximo ano 5 millóns de euros nas liñas de subvencións a rodaxes e producións e coproducións audiovisuais. Este e outros datos foron achegados polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, durante a 18ª edición do encontro I+P Ideas para producir, que se celebra este venres 29 no Centro Ágora da Coruña, organizada polo Clúster Audiovisual Galego co patrocinio da Xunta de Galicia. Engadiu, acompañado do presidente do Clúster, Alfonso Blanco, que esta dotación inicial “incrementarase ao longo do ano con convocatorias adicionais de subvencións para a posta en marcha de proxectos, promoción do talento, presenza en foros e mercados, creación de videoxogos ou festivais do sector”.
Novas alianzas para o sector
O I+P Ideas para producir ten como finalidade conseguir novas alianzas para o audiovisual galego na coprodución, venda, financiamento ou distribución de contidos para cinema e televisión. Neste sentido, Jacobo Sutil salientou “o talento audiovisual galego” e louvou “a capacidade e solvencia técnica dos equipos galegos para liderar filmes que conquistan as pantallas dentro e fóra do noso territorio e para poñerse á fronte de series de éxito en canles e plataformas de televisión”.
Sutil concretou que para 2025 a Xunta de Galicia ten xa deseñada unha nova planificación de apoio integral ao sector que volverá canalizar 3 millóns de euros para a produción e coprodución audiovisual e outros 2 millóns para as rodaxes realizadas en territorio galego. Estas dotacións veranse incrementadas con investimentos adicionais nas liñas de axudas para traballos de preprodución, promoción do talento, presenza de profesionais e títulos galegos en foros e mercados especializados, así como creación de videoxogos ou festivais do sector. Estas dúas últimas convocatorias xa aprobadas no Consello da Xunta, coas dotacións de 150.000 euros e 300.000 euros, respectivamente.
Récord de proxectos presentados
O I+P Ideas para producir desenvolve durante toda a xornada deste venres presentacións rápidas tipo pitching e reunións personalizadas arredor dos 18 proxectos seleccionados. Os seus responsables poderán presentar diante dun auditorio conformado por representantes das principais televisións, plataformas, produtoras e distribuidoras de toda España. Nesta edición, o evento volveu bater récord de inscricións con 175 propostas rexistradas, que foron analizados por un comité de selección nomeado ao efecto.
Os 18 traballos finalistas que se presentan encóntranse en distintas fases de desenvolvemento e inclúen longametraxes de ficción e documentais, e series e miniseries de ficción, documentais e de animación. No programa de pitchings e reunións one to one participará un auditorio conformado por executivos de RTVE, Mediaset España, Atresmedia, Movistar Plus+, Amazon Prime Video, AMC Networks, Warner Bros. Discovery, CRTVG, TV3, Aragón TV, Filmax, A Contracorriente ou Portocabo.
No apartado das longametraxes de ficción figuran El hombre al que no conseguían matar (Avendaño Estudio), El fin de la verdad (Kraken Media), Lactantes (Julen Gorosabel), Atenas-Barcelona (Sebastián A. Pérez), Mr. Wang (Love Our Films Media), Canción animal (CSC Films), Serenade (Mandrágora Cinema), Chocolate (Enrique Rambal), Merlo Branco (Mordisco Films), Despois de Grecia (Irene Pin) e Virxe do Carme (Coven Films); e a longametraxe documental Toxo: el día que el sol perdió su fuerza (Tamboura Films).
En canto aos formatos de televisión, participan as series de ficción Happy Funerals (Fon Cortizo), El Último (Ángel Velasco), Urrutia (Amaia Yoldi) e Platino (Nuria Cabello), a serie de animación Bibopalula (Undodez Producións), e a miniserie documental Las dos caras de… (Producciones Vigo – EISV).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?