Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: España supera por primeira vez os 30 millóns de compradores en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

España supera por primeira vez os 30 millóns de compradores en liña

S. P.
Publicado: 29/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

internauta_tableta_compra_online.jpgO Observatorio Nacional de Tecnoloxía e Sociedade (ONTSI), órgano colexiado de carácter consultivo da entidade Red.es (Ministerio para a Transformación Dixital), presentou unha nova edición do estudo sobre compras en liña en España que mostra a evolución dos principais indicadores do comercio electrónico e os hábitos de consumo. No documento faise saber, entre outras informacións de interese, que España foi quen de superar por vez primeira os 30 millóns de compradores no ecommerce.
Os datos do informe Compras online en España. Edición 2024 extraéronse dunha enquisa realizada entre xuño e xullo de 2024, a unha mostra de 2.900 persoas de 16 a 74 anos e residente en España e están referidos as compras realizadas en 2023.
O estudo, en palabras de Red.es, busca reflectir as dinámicas que rexen a compra en liña na área do comercio electrónico e achega datos sobre o volume de gasto, o número de persoas que realizan compras por Internet e a media de gasto por consumidor en liña. Tamén avalía aspectos clave como o perfil das compradores, os hábitos de compra, impulsos e freos ao ecommerce, a experiencia de usuario, a loxística ou a influencia da Intelixencia Artificial ou a ciberseguridade.
O número de persoas que usan Internet en España representa o 96% da poboación comprendida entre os 16 e 74 anos, chegando aos 34,5 millóns de persoas. Deles, un 87% compran na internet, alcanzando por primeira vez a cifra de 30 millóns de persoas, unha mostra da implantación do comercio electrónico en España. Por outra banda, a cifra de negocio experimentou un aumento significativo entre 2014 e 2023, pasando de preto de 16.300 a máis de 99.200 millóns de euros. No último ano o crecemento foi do 16%.
En canto ao gasto medio das persoas que compran en liña, a cifra supera os 3.300€ anuais, destacando entre os produtos e servizos máis adquiridos os artigos de vestimenta (roupa, zapatos e accesorios) cun 78,9% do total de quen compra en liña e as entradas a eventos culturais cun 57%. O teléfono móbil intelixente é o dispositivo máis habitual para realizar as operacións con máis dun 71% e máis do 73% das persoas predín que manterán un nivel de compras semellante en 2024.
Respecto ás razóns dos consumidores para comprar na Internet, destacan o prezo (52%) e a comodidade (50,4%) como factores determinantes.
En canto ao impacto das novas tecnoloxías, máis do 68% dos compradores en liña e están familiarizadas coa IA, consideran favorable a súa influencia.
Ademais, un 91,2% das persoas que compran en liña considera seguras as compras na Rede.
Para a elaboración do estudo, contouse coa colaboración de organizacións, empresas e expertos no eido do comercio electrónico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?