Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CSIC leva a Culturgal o seu xogo gratuíto para móbiles Hi Score Science
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CSIC leva a Culturgal o seu xogo gratuíto para móbiles Hi Score Science

S. P.
Publicado: 29/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hi_score_science_csic.jpgO Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través da Unidade de Cultura Científica (UCC) da Delegación Institucional en Galicia, participa unha vez máis no salón Culturgal. Feira das Culturas Galegas, evento que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra (Pazo da Cultura) e que vai camiño da súa XVI edición.
O CSIC volve á feira este ano con dúas propostas, este sábado, 30 de novembro.
Farao por unha banda presentando nos seus detalles o Hi Score Science, xogo gratuíto de preguntas e respostas sobre ciencia para dispositivos móbiles, iOS e Android – e para PC, Mac- e Linux, cuxo obxectivo é aumentar a cultura científica dos usuarios dun modo divertido, achegando a ciencia coa que convivimos acotío.
O xogo inclúe explicacións divulgativas da realidade científica que se esconde detrás de cada unha das respostas buscando incentivar a curiosidade dos usuarios pola ciencia. Ademais búscase que os usuarios se sintan partícipes do proxecto para o que se anima aos usuarios para colaborar na elaboración do contido científico do xogo e prémiase por iso.
Grazas ao seu formato innovador en modo xogo, Hi Score Science converteuse xa nunha ferramenta demandada polos profesores que o utilizan como un recurso máis nas súas aulas que lles permite achegarse ao mundo dos adolescentes para aumentar a súa cultura e vocación científica.
Por outra banda, o CSIC estará na feira coa XI Campaña de Recollida de Dentes do Rato Pérez, iniciativa que parte dun proxecto de investigación para reunir o máximo número de pezas dentais e así ampliar a colección de referencia do Grupo de Antropoloxía Dental do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH). As investigacións que posteriormente se levan a cabo cos dentes están relacionadas coa dentición de especies extintas con interese na taxonomía, filoxenia, desenvolvemento e escenario evolutivo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?