Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O software de atención cidadá EVID da galega Councilbox premiado pola Comisión Europea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O software de atención cidadá EVID da galega Councilbox premiado pola Comisión Europea

S. P.
Publicado: 02/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

1732818476505.jpgO pasado 28 de novembro Bruxelas acollía a GovTech Connect Assembly, un encontro centrado na innovación en Europa para os servizos públicos do futuro. Foi nesta asemblea onde a empresa galega Councilbox era premiada polo impacto transformador de Councilbox EVID, unha creación centrada na videoatención cidadá e a eficiencia dos servizos públicos, salientando ademais o seu respecto pola seguridade xurídica e a súa contribución á sustentabilidade ambiental.
Councilbox EVID, unha solución pioneira a nivel mundial na dixitalización da Xustiza, foi seleccionada entre centos de candidaturas de toda Europa como unha das cinco finalistas, resultando gañadora absoluta. Este recoñecemento reforza a súa posición como referente internacional en innovación tecnolóxica para achegar a Administración Pública á cidadanía, segundo valorou o equipo de Councilbox, que explicou que EVID permite realizar trámites xudiciais mediante reunións por videoconferencia segura, eliminando a necesidade de desprazamentos e facilitando o acceso á Xustiza desde calquera lugar. Asemade, combina funcionalidades avanzadas como: a convocatoria de vistas, a xestión de documentación asociada ao procedemento, a identificación incuestionable dos participantes, e a aceptación de consentimentos en tempo real. Garante a seguridade xurídica ao empregar tecnoloxías como a cadea de bloques (blockchain) para evitar manipulacións e asegurar o non repudio de documentos e gravacións. EVID integra todo o ciclo do trámite, desde a identificación inicial ata a sinatura de documentos e a xeración de xustificantes oficiais converténdoo nunha solución única para mellorar a eficiencia e accesibilidade dos servizos xudiciais.

O equipo directivo da empresa galega Councilbox
O equipo directivo da empresa galega Councilbox
Emporiso, o proxecto galego foi presentado en múltiples foros internacionais, onde tivo unha grande acollida pola súa capacidade para achegar a Xustiza e a Administración Pública á cidadanía, optimizar os recursos públicos e reducir a pegada ambiental, evitando os riscos de inseguridade, tecnolóxica ou xurídica doutras solucións.
Councilbox reafirma o seu compromiso coa innovación no sector público colaborando activamente con institucións de todo o mundo e promovendo a adopción de tecnoloxías emerxentes que melloren a calidade de vida da cidadanía.
Para achegármonos a Councilbox, sinalar que é unha empresa galega líder en tecnoloxías LegalTech e GovTech que a través do seu software de Oficina Virtual de Atención á Cidadanía, OVAC, desenvolve novas canles innovadoras de atención para todo tipo de organizacións (Administracións Públicas como empresas), enfocados en facilitar os seus trámites de xeito remoto á cidadanía e garantindo sempre a súa seguridade xurídica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?