Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Toxo Telecom, no palmarés da XXV edición dos Premios Manuel Beiras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Toxo Telecom, no palmarés da XXV edición dos Premios Manuel Beiras

S. P.
Publicado: 02/12/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

manuel_beiras_premio_toxo.jpgA operadora ribeirá de telecomunicacións Toxo Telecom, xunto con Ela Diz e Chichalovers, foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou baixo o lema En galego, empresa/comercio + intelixente. As tres firmas recibiron os galardóns na tarde deste 2 de decembro nunha gala celebrada no Teatro Principal e presidida pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e pola presidenta da Cámara de Comercio, María Pais.
Ela Diz foi a empresa gañadora na categoría de uso continuado do galego. O xurado recoñeceu o labor da propietaria deste establecemento, procedente de fóra de Galicia, quen abriu un negocio de moda responsable, converténdose nun “exemplo de integración e respecto á cultura de acollida”. Na decisión final, tamén se valorou a proxección que se fai “tanto da lingua como da tradición galega cara a un público tamén comprometido co pequeno comercio”.
manuel_beiras_premio_toxo_2.jpgNa modalidade de nova incorporación, o galardón recaeu na firma de Ribeira con sedes en Santa Uxía en Santiago (na costa da Camelia) Toxo Telecom. Na súa decisión, o xurado recoñeceu o “valor diferencial” co que utiliza a lingua esta operadora de telecomunicacións recentemente implantada en Compostela. Tamén se tivo en conta que o fai “cunha comunicación en clave de humor e próxima á clientela” e tamén “coherentemente como soporte de traballo interno”.
Finalmente, a categoría de comunicación innovadora foi para Chichalovers. A nova “bocatería, hamburguesería e tenda de cadea curta”, que “vincula a produción dunha granxa familiar co Mercado de Abastos e logo co establecemento” “pon en valor o territorio, o produto de proximidade e a nosa cultura cunha comunicación orixinal e desenfadada”, segundo a valoración do xurado.
Durante a gala, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, felicitou as tres empresas premiadas “que usan a nosa lingua sen complexos, que xogan con ela e que a colocan como parte da súa marca de identidade” e congratulouse de que tras 25 anos de traxectoria destes premios “temos hoxe un elenco variado e vizoso de comercios, locais de hostalaría, empresas de servizos, entidades grandes e pequenas, de sectores diversos, que forman unha paisaxe lingüística da que podemos sentir orgullo e que contribúe a que Santiago manteña os mellores resultados de uso da lingua de todas as cidades galegas”.
manuel_beiras_premio_santiago_foto-familia_0.jpgGoretti Sanmartín tamén recordou a figura de Manuel Beiras, “un veciño comerciante que se comprometeu coa comunidade da que formaba parte, no político, no cultural e do asociativo” que “contribuíu a esta Compostela orgullosa de si e de ser a capital dunha Galicia que conserva os sinais de identidade e lles dá sentido”.
Neste 2024, as accións publicitarias da XXV edición dos Premios Manuel Beiras convocados polo Concello de Santiago e a Cámara de Comercio xiraron arredor do lema En galego. Empresa/comercio +intelixente. Segundo explicaron Concello e Cámara, “tendo en conta que a Intelixencia Artificial (IA) vai camiño de converterse na nosa principal aliada pola súa eficiencia e rapidez á hora de dar respostas intelixentes e tamén que a IA ten claro que a lingua é un valor positivo nas relacións comerciais, facilita a conexión e achega confianza, procurouse chamar a atención sobre un recurso que os negocios teñen á man para poñerse en valor e conectar co público compostelán: o uso da nosa lingua”. E engadiron: “O galego é un elemento diferencial nun mercado cada vez máis global que establece vínculos coa comunidade; así o entende a IA e moitas empresas que o empregan de xeito habitual na súa comunicación”.
O xurado dos Premios Manuel Beiras estivo formado este ano por Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago, que o presidiu; Manuel Rial Amado, da Cámara de Santiago de Compostela; Gregorio Ferreiro Fente, da Secretaría Xeral de Lingua; Ernesto Xosé González Seoane, da Universidade de Santiago de Compostela; Xaquín Loredo Gutiérrez, do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega; Ainoha Apestegui Beriain, en nome do Colexio de Xornalistas de Galicia; Miguel López Crespo, da Unión de Consumidores de Galicia; Juan Soriano Barceló, de Entrelampo, Premio Manuel Beiras á nova incorporación ao uso do galego 2023; Ramón Salgado Fuentes, de Limpezas Salgado, Premio Manuel Beiras ao uso continuado da lingua 2023; e Xurxo López González, de ENova-Enerxía, Premio Manuel Beiras á innovación no uso da lingua galega 2023
O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio colaboran desde o ano 2000 para lanzar unha convocatoria anual dos Premios Manuel Beiras, dedicados a recoñecer e poñer en valor as empresas que empregan habitualmente o galego na súa comunicación coa lembranza dun comerciante compostelán comprometido con Galicia, a cultura e a lingua galega.
Na gala tamén participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?