Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC participa nun proxecto que bota man da IA para alertar da presenza de toxinas nas augas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC participa nun proxecto que bota man da IA para alertar da presenza de toxinas nas augas

S. P.
Publicado: 03/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

proxecto_aihabs_usc.jpgO proxecto AIHABs, no que participa o grupo de Hidrobioloxía da USC, presentou os primeiros resultados dunha iniciativa que aborda o problema das floracións de cianobacterias produtoras de toxinas en augas interiores e costeiras e faino desenvolvendo un sistema de alerta temperá capaz de predicir a aparición e propagación das cianotoxinas usando a Intelixencia Artificial (IA) e as últimas innovacións en modelado matemático, nanosensores e teledetección.
O grupo da USC encargouse da toma das mostras de auga e da identificación dos principais grupos algais, para o que realizou nove campañas de mostraxe no río Miño entre 2022 e 2024, tanto no encoro de Belesar como no esteiro, onde contou coa colaboración dos membros da Comandancia Naval do Miño. Estes traballos foron realizados en coordinación co German Research Centre for Geosciences, Remote Sensing and Geoinformatics (GFZ), encargados de analizar as imaxes hiperespectrais tomadas por diversos satélites e por un dron eses mesmo días para correlacionalas coa concentración de cianobacterias e toxinas.
A USC tamén recompilou as series de datos históricas sobre a climatoloxía e a fisicoquímica do Miño, en colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Meteogalicia, que serviron para alimentar a modelización da conca, realizada polos socios de Technological University Dublin (TUD), e que permite simular o transporte e destino das toxinas.
As mostras, enviadas pola USC ao grupo da Universidade Autónoma de Madrid (UAM) para a realización das análises xenéticas e de toxicidade, mostraron a presenza de numerosas especies de cianobacterias, así como varios xenotipos diferentes en ambas zonas. Segundo explicaron fontes da Universidade de Santiago acerca da utilidade do proxecto, “a integración destes datos coas imaxes hiperespectrais permite diferenciar as áreas con crecemento de cianobacterias e mesmo nalgúns casos a especie concreta, eido o no que o grupo da Norwegian University of Science and Technology (NTNU) realizou un significativo avance”.
A USC engadiu que o International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL) de Portugal ten xa desenvolvido un prototipo autónomo que, unha vez instalado no campo, analizará as cianotoxinas da auga e enviará os datos para axustar as lecturas dos satélites. Finalmente, o grupo da University of South Bohemia (República Checa) traballa nestes momentos no desenvolvemento da IA que, utilizando precisos algoritmos, está a xerar un modelo que integrará as concentracións de ficocianina, clorofila-a e toxinas presentes no medio segundo as imaxes dos satélites coa posible perigosidade que presente segundo os datos de modelado da conca, para “predicir o inicio do bloom ou multiplicación explosiva das cianobacterias produtoras de toxinas e, de ser preciso, alertar os equipos xestores dos perigos da presenza de toxinas nas augas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?