Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O portal Proxector achega unha ducia de vídeos sobre as consecuencias da crise climática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O portal Proxector achega unha ducia de vídeos sobre as consecuencias da crise climática

S. P.
Publicado: 03/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

proxector_portal_emerxencia_climatica_cambio_quecemento_terra.jpgSobre os fenómenos meteorolóxicos adversos e as consecuencias da emerxencia climática na que estamos mergullados tratan os doce vídeos que conforman a nova entrega de portal Proxector, web de divulgación científica en lingua galega, promovida polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Universidade de Santiago (USC). A adversidade nos mapas do tempo é o título desta entrega que xa está dispoñible.
O novo especial de Proxecto afonda na idea de como podemos minimizar os danos da crise a través do que a ONU chama alfabetización climática, é dicir, educación e coñecemento. Este é o fío temático da nova entrega de Proxector, que escolma unha ducia de recursos que nos falan dos factores que determinan o clima, nos advirten das consecuencias do cambio climático e nos ensinan a interpretar os fenómenos meteorolóxicos adversos dos que alertan os mapas do tempo.
O profesor Xacobo de Toro explica nun dos vídeos como interpretar os mapas do tempo. Noutro, pertencente á serie Desmontando mitos de GCiencia, o profesor da USC, Gonzalo Míguez Macho, explica as evidencias científicas que constatan que o actual quecemento global está provocado polo aumento de CO2 na atmosfera.
Nesta entrega, a divulgadora Esther Estévez explica, dun xeito ameno e breve, que a forma galega correcta é DINA. Que é un rebentón húmido e porqué as borrascas teñen nome centran outros dos vídeos do especial. Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo na USC, explícanos como funciona un pararraios e resolve a dúbida sobre se un raio pode caer dúas veces no mesmo sitio. Os microclimas de Galicia tamén son obxecto de análise doutro vídeo a cargo de Juan Taboada Hidalgo que tamén explica as principais características diferenciadoras entre eles e os factores que motivan esta diversidade.
Un apoio audiovisual ao ensino en galego
Proxector: audiovisuais en galego para a docencia é un sitio web centrado en ofrecer de “maneira atractiva e en lingua galega” diversos materiais audiovisuais para o seu uso nas aulas de bacharelato e dos cursos universitarios.
O proxecto orixinal foi deseñado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC e comezou no ano 2015 dentro do portal educativo Didactalia. No 2018 o CCG, a través do CDSG, entrou na iniciativa para participar na comunicación e na edición dos contidos. Ademais, en virtude das competencias que lle son propias no coidado e difusión do idioma galego, o CCG pretende asumir a custodia destes materiais, ofrecidos a toda a sociedade nunha web dedicada a esa finalidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?