Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R lanza unha oferta de enerxía verde e galega con descontos permanentes na factura de telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R lanza unha oferta de enerxía verde e galega con descontos permanentes na factura de telecomunicacións

S. P.
Publicado: 04/12/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

enerxia_verde_luz_e_gas_operadora_galega_green_r.jpgA operadora galega R vai rematar o ano con grandes novidades para clientes presentes e futuros que amplían a súa carteira de servizos cara ao ámbito da enerxía sustentable e responsable. O obxectivo é “ofrecer un ecosistema integral de servizos para o fogar” permitindo agora que os clientes poidan contratar os subministros de gas e luz 100% verde e de orixe galega xunto co servizo de telecomunicacións.
Estabilizado o mercado enerxético, R lanza unha tarifa de luz e gas 24 h deseñada para, nas súas palabras, “mellorar as condicións de servizo da maioría dos nosos clientes”. A operadora galega quere trasladarlles, con estas novidades, “as vantaxes de integrar servizos de telecomunicacións e de enerxía”.
Vantaxes como por exemplo un desconto na factura de telecomunicacións, “beneficio único no mercado actual”. Asi calquera persoa usuaria dos servizos de R que contrate o servizo de luz e gas, que non comporta permanencia, terá unha rebaixa fixa de 9€ ao mes, IVE incluído (6€ polo subministro de luz e 3€ pola de gas/108€ ao ano) aplicada á súa factura de telecomunicacións mentres se manteñan activos ambos os dous servizos. Esta dedución acumularase en cada punto de subministración e así, se a persoa usuaria contrata o servizo para outras vivendas, como unha segunda residencia, beneficiarase dun desconto de 18€/mes (216€ ao ano) na factura de telecomunicacións.
Sen sorpresas: tarifa fixa e app para optimizar gasto e potencia
r_operadora_galega_bombilla_lampada.jpg R explica que ademais do aforro, a tarifa terá un prezo fixo durante todo o día (24 h), tanto a luz coma o gas, “para evitar sorpresas desagradables e facilitar o control do gasto, co que xa non será preciso, por exemplo, estar pendente da mellor hora para pór a lavadora”, explican fontes da operadora, engadindo que a tecnoloxía axudará tamén os clientes de R a manteren as súas facturas baixo control; poderán rendibilizar o seu consumo grazas a unha app específica e a unha innovadora tecnoloxía de análise baseada en Intelixencia Artificial, coa que se estima que o 60% dos usuarios aforrarán unha media de 60€ ao ano grazas á recomendación automática da potencia contratada”. Este aforro pode aumentar co seguimento de consellos adaptados ás necesidades de cada fogar, apuntan fontes da operadora galega, informando que na aplicación poderase consultar igualmente o gasto estimado para o mes con antelación, realizar o seguimento do consumo e atopar formas de mellorar a eficiencia.
“A combinación de prezos competitivos, descontos pola combinación de facturas e aforro facilitado pola tecnoloxía de optimización de R terá un impacto significativo na factura de enerxía do fogar, que será sempre mensual (mes natural)”, engade.
Compromiso cunha Galicia sustentable
luz_e_gas_r_tarifas_operadora_galega.jpg Ao abeiro do seu compromiso coa sociedade galega, R comprométese a certificar a orixe local e renovable da enerxía e compensará as emisións de gas coa plantación de árbores. Combinando os servizos de luz e gas de R co de telecomunicacións contribuirase activamente á sustentabilidade e ao coidado do medio ambiente para “tentar transformar o sector da enerxía en algo xusto e natural”, sinalan fontes da operadora, engadindo que o servizo de R luz e gas de R xa está dispoñible para contratación a través de todas as canles da empresa: tendas, web e teléfonos de atención ao cliente. O trámite complétase en só 5 minutos, sen papelame nin visitas de técnicos, e a mudanza efectúase nun prazo de 3 a 5 días sen necesidade de interromper a subministración dos servizos.
Este lanzamento forma parte da despregadura deste servizo de enerxía en todas as marcas principais do grupo MasOrange, onde xa conta con máis de 250.000 clientes e espera superar os 600.000 en menos de dous anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?