Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea optimiza o ecosistema web do Concello da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea optimiza o ecosistema web do Concello da Coruña

S. P.
Publicado: 04/12/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

balidea_turismo_coruna_2.jpgNun mundo no que a dixitalización non para de crecer, a comunicación entre as administracións públicas e as persoas usuarias debe ser clara e concisa. Non é estraño atoparse portais web nos que a información está a demasiados pasos (ou clics) da persoa. Tampouco axuda que, por mor desa dixitalización, cada vez son máis os procesos, solicitudes ou outro tipo de trámites que se realizan a través de Internet. E aínda que isto a priori axiliza a burocracia, tamén conduce a que determinados perfís menos hábiles terminen navegando sen rumbo por unha web chea de información e ligazóns nas que perderse.
Un dos obxectivos da colaboración de Balidea fronte co Concello da Coruña é a vixilancia da calidade e do mantemento da información, a usabilidade e a accesibilidade da web corporativa municipal. Isto inclúe tarefas como a de comprobar o uso adecuado das taxonomías que clasifican a información, a composición de novas páxinas e a reestruturación das existentes, a asistencia e soporte a persoas usuarias para a resolución de dúbidas funcionais, a edición e adaptación de elementos gráficos ou a revisión, actualización e carga de contidos.
Grazas á colaboración man a man e ao uso de varias ferramentas informáticas, existe unha vía directa de comunicación entre cada área do Concello e Balidea. Desta maneira, cada departamento pode xerar unha petición que recibe a empresa galega. Este sistema axiliza o proceso da xestión de contidos dos portais, permitindo resolver cada petición no menor tempo posible.
Portal web do servizo educativo
Dentro dos diferentes sitios web que aglutina a páxina corporativa municipal está o portal de Educación, no que tamén colabora Balidea para o seu mantemento e evolución. É unha das webs que recibe actualizacións constantes de información como os programas educativos do Plan Coruña Educa. Pero, o que máis consultas telefónicas xera, cu servizo de soporte facilitado tamén desde Balidea, adoitan ser as convocatorias de bolsas e as solicitudes de praza na rede de escolas infantís municipais. Son contidos críticos nos que a marxe de manobra non é moita debido aos prazos de solicitude e as prazas limitadas dispoñibles en cada convocatoria. A coordinación do servizo municipal de educación co servizo de xestión web ofrecido pola consultora dixital facilita e axiliza os procesos.
Visit Coruña, a nova web de Turismo
Pero tamén hai casos que son todo o contrario, onde os contidos non son tan urxentes e hai tempo para elaborar propostas e ideas. Un exemplo diso é a nova web de Turismo, cuxo obxectivo consiste en que as persoas usuarias poidan atopar toda a información necesaria para preparar a súa visita á cidade galega. Neste portal, que se lanzou o ano pasado, o deseño xoga un papel fundamental do que Balidea foi partícipe. A web conta cun estilo onde as imaxes teñen gran protagonismo e serven para atraer ao público. É un uso da fotografía que tamén está presente en varios menús en formato de bloques ao longo da páxina.
balidea_coruna_web_turismo_2.jpg Do mesmo xeito, os contidos e a información de sitios de interese turísticos foron revisados. Todos estes cambios actualizan o portal para seguir un estilo visual máis moderno e atractivo, así como mellorar a usabilidade xeral da páxina. Unha das novidades máis interesantes da web é a sección “Prepara a túa viaxe”, onde se inclúen distintos plans para visitar a cidade en familia, en parella, con amigos e con mascota.
Portal propio para a Torre de Hércules
Xunto ao portal de Turismo creouse tamén unha páxina exclusiva para a Torre de Hércules, o monumento máis emblemático da Coruña. A nova web segue a liña estética de Turismo, cobrando a imaxe unha grande importancia á hora de atraer visitantes. O peso da imaxe repártese cos distintos textos, que ofrecen información detallada sobre a historia da torre, o seu interior, o faro ou curiosidades e lendas. A achega de Balidea en ambas as webs enmárcase no servizo que prestan ao consistorio herculino de vixilancia da calidade e de mantemento da información, usabilidade e accesibilidade da web municipal.
Se lle preguntamos a Copilot, a IA de Microsoft, pola súa opinión e análise da web do Concello de Coruña, diranos que a web está ben estruturada e resulta fácil de navegar, sendo accesible para as persoas usuarias e proporcionando información de maneira eficiente. Con todo, desde o Concello da Coruña e Balidea prefiren que sexa a cidadanía quen teña unha experiencia positiva coa web, facendo honra a un dos seus leitmotivs: tecnoloxía para ás persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?