Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Innovatech FP conta este ano con máis dun milleiro de participantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Innovatech FP conta este ano con máis dun milleiro de participantes

S. P.
Publicado: 05/12/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20241205retosinnovatechfp_1.jpgEste xoves 5 de decembro celebrouse o lanzamento dos novos retos da II edición do programa galego InnovaTech FP, que duplica o número de empresas participantes tras o éxito da súa primeira edición. Este curso, un total de 20 firmas punteiras proporán retos tecnolóxicos ao alumnado participante para que busquen solucións innovadoras que teñan un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural, así como no crecemento sustentable da sociedade.
Así o fixo saber no lanzamento o conselleiro de Educación Román Rodríguez, acompañado da directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, que explicaron que “nesta segunda convocatoria medrou a participación”, e que o propósito final deste programa “é que todos os centros educativos de FP conten con liñas de investigación, innovación e emprendemento dentro da súa oferta programática”.
Deste xeito, InnovaTech FP busca conectar ao alumnado co sector empresarial mediante a innovación tecnolóxica e a transferencia de coñecemento. Para iso, os centros participantes, que este ano son 69, abordarán os retos propostos traballando en equipos multidisciplinares compostos por catro persoas, que deberán ser mixtos, co que se busca a integración de habilidades e coñecementos complementarios, así como a promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Nesta segunda edición participarán 940 alumnos, o que supón un incremento de máis do 50% no número de estudantes que se implican nesta iniciativa, fronte aos 600 do curso pasado. Estarán acompañados nesta actividade por 240 docentes.
As empresas e retos propostos que forman parte desta segunda e que deberán abordar os estudantes son os seguintes: Solucións sostibles para a xestión de palas de aeroxeradores en desuso (Naturgy); Plataforma dixital para mellorar a empregabilidade e adaptación ás novas tendencias no sector da imaxe persoal (L’Oreal); Mantemento preditivo de equipos industriais mediante análise acústica con Intelixencia Artificial (Viaqua); Optimización da xestión de inventarios no sector da moda mediante Intelixencia Artificial (Roberto Verino); Valorización das cinzas resultantes da combustión de biomasa (FINSA); Plataforma de economía circular mediante Intelixencia Artificial para o sector da moda (El Pulpo); Sistema integral de localización e xestión de vehículos en talleres de automoción (Pérez Rumbao); Solucións tecnolóxicas para fomentar a motivación e participación en terapias de rehabilitación (Fundación San Rosendo); Plataforma dixital para a xestión optimizada de recursos e persoal en grandes eventos (Diesemm); Redución do consumo de auga no proceso de pasteurización de refrescos (Coca-Cola); Sistema de análise preditiva para equipos críticos na industria química (Repsol); Mellora da inspección e control na construción modular de buques (Navantia); Sistema de embalaxe ecolóxico para a protección de mercadorías no transporte internacional (Santos Equipamento de Interiores); Método in vitro para a cuantificación de toxoides na produción de vacinas (Zendal); Mellora do proceso de pelado de castañas para a elaboración de marrón glacé (Grupo Cuevas); Sistema remoto para a inspección e reparación de soldaduras en tubaxes de difícil acceso (Offshore Windwaves); Produtos alternativos para reducir a estacionalidade nas plantas de biomasa (Grupo Gestán); Optimización da xestión de lodos orgánicos obtidos na produción de biogás (Quescrem); Sistema automático para a detección e control de fugas de auga en tempo real (EMAFESA); e Solución dixital para a automatización das medidas zootécnicas do gando (BOAGA).
Para o desenvolvemento das propostas, o Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros prestará apoio e orientación aos grupos de traballo no desenvolvemento dos seus proxectos. Ademais, os gañadores contarán coa área de emprendemento industrial deste centro para a súa transformación nunha realidade comercial viable.
O programa, enmarcado na Estratexia de FP Galicia 2030 e no Plan Innova FP Galicia (Consellería de Educación), está deseñado para dotar ao alumnado de habilitades prácticas, preparándoos así para o seu futuro profesional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?